PREFERENTE FUTGAL FEMININA
– XORNADA 7-
As fisoberistas van o parón preto da zona alta.
FISOBER FSF 7-0 EDC VERIN
FISOBER: Sharay, Sabela, Ana, Patri, Paula; tamén xogaron: María, Alba, Nai, Andrea, Saray Duarte.
VERIN: Lorena, Alicia, Lara, Lucía, Garazi; tamén xogaron: Saray, Inés.
GOLES: 1-0 min.1 Paula, 2-0 min.2 Paula, 3-0 min.9 Paula, 4-0 min.19 Patri; 5-0 min.23 Paula, 6-0 min.35 María, 7-0 min.37 María.
ÁRBITROS: Fernando Martínez Pose, Marco Antonio Formoso Leis.
CRÓNICA
Partido correspondente á sétima xornada de liga na Preferente Futgal feminina, disputado na tarde do sábado nas IDM O Conco en Dumbría.
Terceiro triunfo consecutivo das nosas, que as fai situarse xa a 5 puntos do líder, precisamente próximo rival, e sobre todo seguir sumando sensacións, goles, e puntos.
En canto ó partido, todo comezaba moi de cara con 2 goles dunha Paula espectacular de cara a portería nestas dúas últimas xornadas, sentenciando o partido nos primeiros 10 minutos e permitindo que todas sumasen minutos de calidae e deixan un presente moi esperanzador de cara ó tramo medio de liga, quedando atrás un inicio complicado que xa semella superado.
A vindeira xornada o Fisober viaxará á pista do Estrela Futsal, dentro de 15 días xa que haberá parón na primeira fin de semana de novembro para elas.
-Foto e texto : Prensa Fisober/Luis Sambad