PREFERENTE GALICIA FEMININABarca fixo dous dos goles do Fisober, (esq).
Fisober FSF 4-3 Terra de Celanova FSF
FISOBER: Sharay, Patri, Adriana, Ana, Saray; Tamén xogaron: Paula Fandiño, Barca, Mai, Lucía Martínez, María Dumbría.
CELANOVA: Marta, Laura, Belén, Cris, Paloma; Tamén xogaron: Rosa, Andrea, Mónica, Cintia.
ÁRBITROS: Carlos González, Saúl Cabo.
GOLES: 1-0 min, 6 Paula Fandiño; 1-1 min, 9 Cintia, ( descanso); 2-1 min 24, Barca; 3-1 min 27, Barca; 4-1 min 29, Ana; 4-2 min 31, Cintia; 4-3 min 32, Cintia.
Incidencias : Partido disputado na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría correspondente a 14 xornada de liga Autonómica- Preferente Galicia.
Ana Mouzo, (der), tamén veu porta.
O Fisober comeza o ano como o rematou cun importante triunfo ante o que era o equipo que o perseguía na clasificación e era o terceiro na táboa e que viña dun impresionante triunfo ante o Meigas que non perdera partido.
O Fisober saiu un pouco nervioso ao encontro consciente da importancia do rival pero en canto se sacudiron eses nervios iniciais pasaron a dominar o partido.
Aos cinco minutos era Paula Fandiño a que abría o electrónico a favor das costeiras.
Pouco lle durou a ledicia as locais xa que unha vella coñecida costeira coma Cintia facía a igualada aos nove minutos. Unha Cintia sempre atenta para pescar calquer erro.
O Fisober segueu co dominio e cas ocasións pero sen resultados, mentres que as visitantes seguían na busca dalgunha contra.
Pasaron os minutos e a pesares das boas ocasións coma un man a man de Paula Fandiño non mudou o marcador co que fomos ao tempo de lecer con igualada.
A volta dos vestiarios as locais propuxeronse sacar o partido adiante.
E así foi xa que logo aos catro minutos da reanudación Barca voltaba poñer por diante as costeiras despois dun servicio de Ana. Uns minutos despois de novo Barca facía o terceiro gol local cunha pequena colaboración da omnipresente Cintia.
Mediada a segunda metade a capitana costeira Ana facía o cuarto gol local que parecía sentenciar o partido.
Nada máis lonxe da realidade xa que en apenas dous minutos primeiro Cíntia e logo Paloma poñían o catro a tres nun abrir e pechar de ollos.
O partido estaba aberto, aínda que as locais seguían a dominar e ter ocasións que a porteira visitante rexeitaba ao igual que na primeira metade a máis destacada do partido, mentras que Sharay saía moi ben aos balóns longos que mandaban a contra.
Pasaron os minutos e aínda que o marcador xa non se moveu as locais tiveron ocasións para matar o partido e como non o fixeron o Celanova aínda deu un último susto cun tiro lonxano ao longueiro e arriscando co xogo de cinco, pero finalmente os importantes puntos quedaron en Dumbría para continuar ca boa xeira de resultados.
A vindeira semana tocalle viaxar a Ourense ao Fisober para visitar ao Cidade das Burgas B e por fin a primeira volta.
-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad