CRÓNICA : O FISOBER FSF CLAUDICA ANTE UN DOS LÍDERES PERO DANDO A CARA E RECUPERANDO SENSCIÓNS.

PREFERENTE FUTGAL FEMININA

FISOBER FSF 1-5 ESTRELA FUTSAL

FISOBER: Sharay, Paula, Barca, Saray, Patri; tamén: Ana, María, Alba, Andrea.

ESTRELA: Lucía, María Estévez, María Arias, Paula, Sara Saiona; tamén: Alexandra, María Amelia, Antia, Beatriz, Nerea.

ÁRBITROS: Pedro Riveira Mendoza, Carlos Jesús González Pardal.

GOLES (podes velos en @tiivii_gal): 0-1 min.16, 1-1 min.18 Paula, 1-2 min.18; 1-3 min.21, 1-4 min.24, 1-5 min.37.

INCIDENCIAS : Partido disputado na noite do venres nas IDM O Conco de Dumbría.

CRÓNICA

O Fisober recuperaba varias xogadoras logo de ser baixa por diferentes motivos nos últimos compromisos, e a pesares diso, notouse a falta de ritmo para ser capaces de conseguir algún punto diante dun dos líderes da categoría, que tivo que dar o mellor de sí para levar os 3 puntos.

Comezaba o partido coas costeiras conscientes da superioridade física do rival, pero tamén sabedoras de que estando moi ben plantadas na pista e coa calidade e o fútbol sala das xogadoras locais, todo era posible mentres o marcador fose axustado, e así pasou a primeira metade, coas visitantes dominando o balón e tendo algún achegamento ben repelido por Sharay, mentres que o Fisober era quen de roubar e facer algunha xogada con perigo ante a portería rival, facendo que a porteira se lucise en varias parades de mérito.
A igualdade era máxima e o primeiro gol puido chegar para calquera equipo, ata que a dous minutos do descanso chegou o momento tolo de partido, con dous goles visitantes e un local desde campo propio de Paula, que facía chegar co 1-2 ó tempo de lecer e todo aberto para a segunda metade.

Foi á volta de vestiarios cando se rachou o partido, con dúas imprecisións en campo propio do Fisober que se pagaron moi caras, con 15 minutos por diante e o 1-4 no marcador, e logo de varias chegadas á meta visitante que non remataron en gol, finalmente o non dar recurtado diferencias co paso dos minutos fixo que o Estrela puxese o 5º e definitivo tanto nun partido que deixa boas sensacións para o Fisober de cara ó tramo final de competición.

A vindeira xornada visitan a pista do BuleBule.

-Fotos e texto : José Luis Smbad/Fisober FSF

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies