Trunfo para escalar un posto provisionalmente.
EFCC “Juan Cabrejo 2-0 SD Fisterra
Único encontro do fútbol senior que se xogou este sábado na costa, tal e como xa vos apuntamos na nosa “AXENDA PIRATA”, con tódolos encontros con equipos costeiros masculinos e femininos senior. As camariñanas disputaban o encontro da 20ª xornada da 3ª Galega Feminina G2 e adiantábanse aos 10 minutos de xogo cun tanto de Laura Paredes e foi xusto antes de irse o descanso cando poñían o segundo obra de Paula Mouzo. Na segunda metade non se movería o marcador no “Vicente Carril”.
Juan Cabrejo, (Adestrador do EFCC “Juan Cabrejo”) : “Boa vitoria a acadada díante do Fisterra nun partido onde dominamos durante todo o tempo de xogo tendo ocasións para que o resultado final fose máis amplo.
Momentos de moi bo xogo, con moito dinamismo e control do balón, onde cada vez as xogadoras se encontraban máis cómodas co balón o que fai que tivéramos moita posesión ao longo dos 90 mínutos”.
EFCC “Juan Cabrejo” : Desiree, Laura Paredes, Uxía, Rosana, Rocío, Paula Mouzo, Laura Garrote, Yara, Laura Pose, Aitana, e María García. Tamén participaron : Lola, Saray, Lara, Maira e Leticia.
SD Fisterra : Lucía Fernández, Ana Isabel, Tamara, Jenifer, María Elena, Xaira, Jimena, Sandra, Aroa, Lucía Marcote, e Irene. Tamén Participaron : Catalina, Adela, María Begoña, Antía e Paula.
Goles : 1-0, Laura Paredes, (10´); 2-0, Paula Mouzo, (43´).
Árbitro : Alejandro Antelo. Non amosou cartóns.
3ª GALEGA FEMININA G2
-20ª Xornada-
(30/03/2025)
Corme CF – Sporting Zas, ás 12:00 horas
Soneira SD – CF Mazaricos, ás 19:15 horas
UD Corcubión – SD A Baña, ás 12:15 horas
UD Cerqueda – Bergantiños FC B, ás 16:00 horas
EFCC “Juan Cabrejo” 2-0 SD Fisterra
CF Muxía – Ponteceso SD, ás 12:00 horas
SCD Pastoriza B – Cabana SD, ás 12:00 horas
-Foto : Dulce “Corcu”
-Texto : Xosé Búa “Pirata”