CRÓNICA : O DUMBRÍA GOLEA A ESTEIRANA E PASA AOS OITAVOS DE FINAL DA “COPA DA COSTA FEMININA”.

COPA DA COSTA FEMININA

-Previa-

O Dumbría vencedor incuestionable da previa da Copa.

Este pasado Domingo, tal como xa vos informamos, xogábase un encontro no fútbol feminino costeiro, era a previa d 5ª Copa da Costa Feminina, (desde que a orgañiza a RFEF), nesta previa enfrontábanse a Esteirana e o Dumbría, un choque con moitos reencontros e que prevía un resultado incerto pero dende o primeiro intre as dumbriesas amosáronse aplastantes e deixaron o choque resolto moi pronto. Agora nesta Copa mal orgañizada como de costume a seguinte rolda, que será a de Oitavos non se xoga ata o 2 de Marzal do 2025, e nela as dumbriesas enfrontaranse ao Cabana. Máis abaixo tedes como quedan os Oitavos de Final.

SCDR Esteirana 1-6 CF Dumbría

Fran Figueroa, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Pronto acabaron as opcións da Esteirana nesta primeira participación na Copa da Costa, xa que no primeiro achegamento tras unha falta na frontal, Fandi fai mostra do nivel que traen as de Dumbría para encarrilar un duelo no que estuveron con 2 marchas máis que as de Esteiro, nin 5 minutos pasaban cando xa o resultado era de 0-2 tras un erro impropio de toda a defensa local que Eva Lema non desperdiciou, e que non supemos reaccionar para crear perigo como vimos demostrando ata o momento, a autoridade en cada liña das visitantes fixo que no descanso o marcador fose de 0-4.

Non houbo reacción posible na segunda metade, pese a que había máis achegamentos e menos duelos no medio, o mando era para un rival, que incluso trala expulsión da capitana, supo baixar o ritmo para non sufrir incluso tras ver como nos poñíamos con 1-5 tras un penalti transformado por Bárbara.
E con todo volcado á desesperada, Juliette poría o definitivo 1-6. Incuestionable victoria do Dumbría, deixando claro que esta Copa da Costa pode ser a sua de manter a intensidade mostrada neste duelo.

E no que a título personal desexo que sexa para elas, eso si, querendo a revancha daquí nun ano, no que traballaremos para ser mellores”.

Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) : Viaxamos hasta o Xosé Luis Vara para enfrentarnos a Esteirana na fase previa da Copa da Costa. Sabíamos da dificultade de este partido e que necesitaríamos un nivel competitivo alto, salímos o campo coa intención de enviar un mensaxe que ibamos a por todas desde o minuto 0, conseguindo os 5 minutos poñernos 0-2 tras un gol de falta de Paula e outro de Eva de depredadora de Area, neso momento o partido collería un rumbo que non nos interesaba, coa Esteirana volcada en ataque e nos sabendo sufrir pero sin ter a claridad que necesitabamos para ampliar a ventaxa, un Esteirana que intentaba propoñer e un Dumbría que precipitaba as ocasións de contraataque, sin facer o noso futbol máis característico conseguirimos marcar 2 máis antes do descanso para irnos co 0-4

A volta dos vestuarios e sabendo que non estaba nada feito, sairíamos convencidas de ir a matar o partido e pronto Eva marcaría o seu terceiro gol e o 5 do equipo, a Esteirana recortaría distancias desde o punto de penalti e cando máis tranquilo estaba o partido expulsaríanos a Paula Fandiño, nunga xogda que nin as nosas nin as locales entenderían nada. Pasaríamos un momentos de desaxustes e desorden, centrandonos en defender e lanzar contras coas xogadoras que ntraban desde o banquillo poñendo cerca do final o gol definitivo por medio de Juliette“.

 

SCDR Esteirana : Naira, Terre, Martina, Sara, Marta, Leti, Lara, Sandra, Lidia, Bárbara e Rut
Tamén xogaron : Maruxa, Nerea, Gina, Inés e Alba.

CF Dumbría : Sheila, Noa, Paula Carril, Mariña, Kelly, Rva lema. María Pérez, Paula Fandiño, Claudia e Sabela. Tamén xogaron : Lissette, Laura, Juliette, Paula Rodríguez, e Yolanda.

Goles : 0-1, Paula Fandiño, (3´); 0-2, Eva Lema, (4´); 0-3, María, (34´); 0-4, Eva Lema, (44´); 0-5, Eva Lema, (53´); 1-5, Bárbara, (55´de penalti); 1-6, Juliette, (83´).

Árbitro : Borja Buján. Amonestou pola Esteirana a Lara e polo Dumbría expulsou con vermello direto e Paula Fandiño, (63´) e amonestou a Santi Cubelo.

 

ASÍ QUEDAN OS OITAVOS

02/03/2025

Miúdas-Dumbría

Cabana-Ponteceso

SP Zas-Juan Cabrejo

Xallas-Cee

Soneira-Corme

Muxía-Outes

Fisterra-Corcubión

Descansa : Mazaricos

 

-Foto Dumbría : FaceBook Veteranos Dumbría

-Foto Esteirana . Fran Figueroa

-Texto : Adestradores/Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies