CRÓNICA : O CAMELLE LEVOUSE OS 3 PUNTOS ANTE O CASTRELO NO ÚNICO ENCONTRO ADIANTADO O SÁBADO, DA 20ª XORNADA 3ª DA COSTA.

O Camelle levouse os 3 puntos do Municipal de Vimianzo.

 

CF Castrelo 1-3 SD Camelle

Único encontro adiantado a xornada para o sábado, xogado no Municipal de Vimianzo, con arredor de medio cento de espectadores e ca arbitraxe de Rai Reborido.

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do CF Castrelo) : “A parte das baixas que tiñamos hoxe, nada que decir dos chavales, dérono todo no campo. Notouse a dinámica das últimas xornadas, o Camelle viña con bos resultados e soupo aprobeitar as ocasións que tivo. E nos que viñamos con nha mala racha non tivemos seguridade e suficiente confianza. Darlle a noraboa o Camelle que o merece, e nós a seguir traballando para levantar esto”.

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido igualado na primeira parte na que quizais foron superiores os primeiros 30 minutos. Poñeríamonos por diante cun gol de Adrián tras un centro dende a banda. Acto seguido empataríannos eles cunha boa xogada. A partir dos 30 minutos empezaríamos a dominar e poñeríamonos por diante cun gol de Estiben. A segunda parte dominaríamola casi de principio a fin, con moitas ocasions. Eles chegarían un par de veces. Marcaríamos o terceiro cun gol de Crejo. Tres puntiños para seguir soñando“.

 

Once inicial do SD Camelle.

 

CF Castrelo : Martín, Adrián, Esteban Carballo, Rodrigo, Iván Cháns, Miguel, Javier, Álvaro, Pereira, Sendón e David. Tamén xogaron : Rodrigo Santos, Ramiro e Xabier.

SD Camelle : Roi, Huchiño, Piquero, Domingo, Esteban Lado, Chori, Carlos de Dido, Markotiño, Adrián Pasantes, David e Rodri. Tamén xogaron : Maka, Carlos, Rubén e Mariño.

Goles : 0-1, Adrián Pasantes, (4´); 1-1, Pereira, (12´); 1-2, Esteban Lado, (36´); 1-3, Rodri, (77´).

Incidencias : O árbitro do partido, Rai Reborido, expulsou con dobre cartón o adestrador dos camelláns, (16´e 71´), e amosoulle amarelos a Rodri e David polos de Camelle, e a Javier polos do Castrelo.

 

Axenda de todo o Fútbol da costa para esta fin de semana : PREME AQUÍ.

 

 

-Foto : Gonzalo Lemus

-Texto : piratasdemuxia/adestradores