CRÓNICA : O CAMELLE LÉVASE O CHOQUE ANTE O NANTÓN, (2-1), NO ÚNICO ENCONTRO ADIANTADO O SÁBADO DE TODO O FÚTBOL DA COSTA.

Camelle e Nantón ofreceron un choque no que puido haber máis goles.

 

SD Camelle 2-1 CD Nantón

Na tarde deste sábado xogábase no Rodeiro, ca arbitraxe de Pablo Rama, (non amosu ningún cartón), o único encontro adiantado a xornada sabatina do fútbol da costa senior masculino. Nas féminas tamén había un choque este sábado, o CF Mazaricos 0-3 ED As Miúdas.

Aquí tes as impresións dos adestradores do que foi o choque antre camelléns e nantoneses:

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido igualado, que non destacaría polo xogo, nin por ocasións claras. Primeira parte igualada na que os dous equipos abusamos do xogo en longo, poñeríamonos por diante cun gol de Chori, o coller un balon morto dentro da área que tira e marcaría gol. Empatarían eles cun balón en longo que bota dentro da área, e entre o sol e o mal bote, David non atina a coller o balón e cólaselle por enriba. A segunda parte empezaría igual, con balóns en largo, creo fomos un pouquiño superiores en ocasións claras. Marcaríamos o segundo cun contraataque levado por Mariño, Adrián e Marcote, este último mandaríalle un balón a Mariño aberto en banda, este mandaríao en longo a Adrián, que recortaba o defensa deles, e o rexeite colleríao Marcotinho dende fora da área e marcaba o gol. Para min dubidoso por fora de xogo posicional de Adrián, pero desta vez non o pitou. Apretarían eles contra o final. Destacar un man a man de Adrián que pararía o porteiro. O xusto seria un empate”.

Francisco Javier Cerbán, (Adestrador do CD Nantón) : “Primeira parte na que non hai un dominador claro, e na que hai moito xogo direto. Adiantase o Camelle nun bo gol despois dun rexeite por parte da nosa defensa. Intentamos igualar o partido e nunha falta lonxana colgada a área o seu porteiro, posiblemente cegado polo sol, cólaselle o balón na súa portería despois de botar na área pequena. Xa na segunda parte ambos equipos intentamos xogar algo máis o balón e dispoñemos de ocasións para adiantarnos, tanto nós como eles, pero quen o consegíu foi o Camelle, mediada esta segunda metade, nun despexe do noso defensa que o dianteiro deles engancha o rerexeite fora da área e bate por raso o noso porteiro. Este queixaríase o árbitro, xa que no disparo un xogador deles en fora de xogo abre as pernas, cousa que o despista pero o árbitro entendeu que non interfería na visión, así que considero que non hai nada que protestar, xa que e unha acción complicada de arbitrar”.

 

SD Camelle : David Caamaño, Santi “Maka”, Esteban Lado, Diego “Chori”, Carlos de Dido. Domingo, José, Adrián Pasantes, David Vázquez, Marce “Markotiño” e Rodri “Crejo”. Tamén xogaron : Juan, Rubén e José Caamaño.

CD Nantón : Guille, Fran Gavín, Xoel, Mikael, Martín, Tato, Javier Muiño, Pastoriza, Fachal, Carlos Vidal e Fuentes. Tamén xogaron : Fariña, Ánxo e Crístian.

Goles : 1-0, Chori, (21´); 1-1, Fran Gavín, (32´); 2-1, Markotiño, (68´).

 

Axenda de todo o Fútbol da costa para esta fin de semana : PREME AQUÍ.

 

 

-Foto : Gonzalo Lemus

-Texto : piratasdemuxia/adestradores