CRÓNICA : O CABANA FEMININO DERROTA O MAZARICOS NO ENCONTRO ADIANTADO DA 17ª XDA DA 3ª GALEGA FEMININA G2.

As cabanesas felices no vestiario trala vitoria.

 

Co motivo de que este sábado 8 de Marzal terá lugar “A Queima da Mikaela” en Buño o Cerqueda e o Mazaricos adiantaron o seu encontro da 17ª xornada da 3ª División Galega Feminina G2, un choque no que as cabanesas se levaron a vitoria e do que aquí vos traemos o coementario de José Manuel Vázquez, adestrador do Cabana SD. Non poñemos o do Mazaricos xa que non temos colaboración a pesares de habela pedido o comezo da liga e polo cal estamos abertos a calquer persoa do clube ou do equipo pode contactar connosco e achegarnos información e fotos dos partidos do equipo, como si pasaba o ano pasado con Eloy.

Cabana SD 3-0 CF Mazaricos

José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Partidazo nas Redondas con dous equipos que pese a que xogaron o domingo entregáronse dende o primeiro minuto o ultimo.

Empezou tomando a iniciativa o Mazaricos que co ventó a favor rondaba a portería cabanesa e facía intervir a Míriam nun lanzamento de falta e nun perigoso tiro que fixo lucir a cancerbeira local. O Cabana contraatacaba e Natalie mandaba o balón o pau.  O Mazaricos dispuxo dun lanzamento de penalti que saeu fora.

Xa no segundo tempo as visitantes sairon ca intención de levarse o partido pero as cabanesas foron equilibrando o xogo e achegandose a meta do Mazaricos ata que o árbitro sinalou penalti sobre Adriana que Laura transformou no 1-0.

Co resultado a favor as locais pecharon filas e en dous rápidos contragolpes poñían o 3-0 definitivo, por medio de Inma e Irene. Resultado demasiado abultado para o visto no campo con unha gran igualdade“.

Cabana SD : Miriam, María, Sheila (Antia Torres), Laura, Irene, Inma, Alejandra, Iria, Natalie (Nuria), Adriana (Jessie Pose), Saray (Valeria).

CF Mazaricos : Valeria, Graciela, Antía, Silvia, María Senra, (Valentina), Tamara, Ánxela, (Leire), Claudia, Raquel, (Iria Hermida),  Iria Buján, (Paula) e Fátima

Goles : 1-0, Laura, (71´); 2-0, Inmaculada, (83´); 3-0, Irene, (86´).

Árbitro : Alejandro Tato Gómez. Non asinou ningún cartón.

RESTO DA XORNADA

-17ª Xornada-

(02/03/2025)

Cabana SD 3-0 CF Mazaricos

SD A Baña-Sporting Zas, ás 17:30 horas

Bergantiños FC B-Corme CF, ás 16:15 horas

SD Fisterra-Soneira SD, ás 19:00 horas

Ponteceso SD-UD Corcubión, ás 16:15 horas

SCD Pastoriza B-UD Cerqueda, ás 12:00 horas

CF Muxía-EFCC “Juan Cabrejo”, ás 13:00 horas

 

 

AVISO

Os comentarios dos adestradores e colaboradores son únicos e intransferibles, polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable dos mesmos.

 

Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina.

 

-Foto : José Manuel Vázquez

-Texto : Xosé Búa “Pirata/José M Vázquez

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies