1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA
As bergantiñanas empataron na derradeira xornada de liga.
-30ª Xornada-
(Derradeira)
Victoria FC B 1-1 Bergantiños FC
Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC Feminino) : “Partido marcado nos primeiros minutos por un ritmo alto e xogo directo que facía que ningún equipo tivese a posesión, eso beneficiaba ás locais que facían daño ao Bergantiños e no minuto 6 poñíanse por diante a saída dun córner. As ocasións repartíanse por ambos equipos e unha xogada persoal de Cruz facía o empate. A segunda parte foi un cambio radical o Bergantiños máis asentado no campo facíase coa posesión e todas as ocasións chegaban dun mesmo lado pero nin Trillo en varias ocasión claras, nin Blanca fixeron cambiar o marcador final para rematar cun empate 1-1”.
Bergantiños FC : Ainhoa, Lara, Paula Sieira, Valeria, Eva, Cruz, Alejandra, Trillo, Blanca, Soafía, Laura e Paula Paredes. Tamén xogaron : Marian, Alba, Valeria, e Sarai.Gabriela.
Goles : 1-0, Xiana, (6´); 1-1, Cruz, (10´).
Árbitro : Iago Fuentes. Amonestou a Alba e lola polas santiaguesas e a Alejandra polas carballesas
Proximo encontro
O Bergantiños descansa esta fin de semana e despois ademáis da promoción na que en principio o seu rival será o tordoia, xogará a Copa da Costa da que está exento da previa e entrará noa cuartos de final ante o Corcubión, en principio o 4 de Xuño.
Clasificación
As carballesas rematan a liga na 4ª praza, con 62 puntos de 20 vitorias, 2 empates e 8 derrotas, con 86 goles a favor e 35 en contra.
-Fotos : Depart. Prensa Bergantiños FC
-Texto : Xosé Búa “Pirata”