1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA
-25ª Xornada-
As bergantiñanas contentas de voltar a gañar e recuperar o liderato.
PM Friol B 2-3 Bergantiños FC Feminino
Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “Partido con duas partes moi diferenciadas, non entramos ben no inicio do encontro e os vinte minutos xa íbamos con un 2-0 adverso, que puxo o equipo un pouco nervioso e precipitado en algunha acción ata que chegamos o descanso. A saida dos vestuarios as xogadoras sabían que tiñan que dar un paso mais para conseguir algo positivo da visita a Friol. No minuto 60 a saida dun corner Ansede recortaba distancias, e na xogada seguiente presionando o saque de centro recuperabamos balón e aparecía Trillo na área para facer o empate a 2. Xa con medio traballo feito o equipo rebaixou pulsacions e tiña balón creando varias ocasions ata que no 70 aparecía a capi Cruz para certificar a remontada e levar os 3 puntos nunha segunda parte perfecta“.
Bergantiños FC Feminino : Lara, Noelia, Zaida, Cruz, Alba, Ainhoa, Laura Caamaño, Blanca, Laura Muñíz, Yaiza e Andrea. Tamén xogaron : Laura Rivas, Isabela, Trillo e Ana.
Goles : 1-0, Neylla, (3´); 2-0, Neylla, (14´); 1-2, Andrea, (59´); 2-2, Trillo, (62´); 2-3, Cruz, (68´).
Árbitro : María del Pilar Vilas. Amonestou a Cruz e a Laura Caamaño polo Bergan.
Clasificación
O Bergantiños, (56 puntos), volve a ser lider con esta vitoria, sumada o empate do SD Orzán, (56), co Victoria CF B, (1-1).
-Primeiras 5 prazas-
1º Bergantiños FC : 56
2º Orzán SD : 56
3º Tomiño FC : 48
4º SD O Val : 48
5º Lóstrego CF B : 45
(Van a promoción de ascenso os 4 primeiros)
Proximo encontro
O Bergantiños recibe no “As Eiroas” na disputa da 26ª xornada de liga ao Atlético Arousana, 6º clasificado con 43, equipo que loita por entrar na promoción de ascenso. O encpontro terá lugar o vindeiro 21 de Abril a partires das 17:30 horas.
-Foto e comentario : Departamento de prensa Bergantiños FC
-Texto : Xosé Búa “Piarata”