1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA
-24ª Xornada-
As bergantiñanas suman a primeira derrota do 2024.
Bergantiños FC Feminino 0-1 Tomiño FC Feminino
Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “Partido entre dous equipos que vamos estar na pelea polo playoff de ascenso, as visitantes viñan con unha boa dinámica e nos seguimos a sufrir un pouco as ausencias de alguhas xogadoras. Empezou o encontró con gran intensidad e tardamos en meternos no partido onde as rivais aprobeitaron para abrir o marcador no minuto 20 e varias ocasions claras, cando nos repuxemos e entramos no noso xogo, creamos varias oportunidades pero que a falta de acerto no último intre estanos a penalizar. A segunda parte xa tuvemos un pouco mais de dominio e menos peligro na zona defensiva pero nos sin pegada arriba, acercándonos en varios corners pero sin remates contundentes. No último minuto tuvemos a ocasión mais clara para empatar a saida dunha falta pero non fomos capaces de acertar o balón na área pequena“.
Goles : 0-1, Alba Baz, (19´).
Árbitro : David Castreje. Non amosou ningún cartón.
Clasificación
O Bergantiños, (53 puntos), con esta derrota, a primeira do 2024, cédelle o liderato o SD Orzán, (55), que supera agora as bergantiñanas en 2 puntos. En promoción situase agora na terceira praza o Tomiño FC, (46) e cuarto o SD O Val, (45). Cae dos postos de promoción o Lóstrego, (5º con 44 puntos), que queda a 1 punto destes postos e por detrás o Atlético Arousana a 1 punto do Lóstrego e 2 da promoción.
Proximo encontro
O Bergantiños visita na disputa da 25ª xornada de liga ao PM Friol B, 14º clasificado con 20, en posto de descenso e loitando pola salvación, o vindeiro 14 de Abril a partires das 16:15 horas.
-Foto e comentario : Departamento de prensa Bergantiños FC
-Texto : Xosé Búa “Piarata”