CRÓNICA : O BERGANTIÑOS FEMININO REMÓNTALLE O TOMIÑO, (2-3), E PONSE A UN ENCONTRO DO ASCENSO A NACIONAL.

As bergantiñanas a un partido de ascender.

 

Tomiño FC Feminino 2-3 Bergantiños FC Feminino

Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “Partido nun campo pequeno, complicado, ante un equipo que se vale moito do fútbol direto, que colga balóns o área, corners, saques de banda…Un equipo que aquí no seu campo xera sempre moitas situacións de perigo, o que fai que teñamos que estar moi atentas. Fomos a vestiarios no descanso co empate a uns no marcador, controlamos o xogo e xeramos moitas ocasións, pero pasounos o dos derradeiros encontros. Faltounos acabalas en gol. Unha primeira metade, moi, moi boa. Na segunda elas seguiron co fútbol direto, con balóns as costas da defensa. Seguimos chegando, non tan claramente coma na primeira, ata os derradeiros minutos nos que si acabamos marcando. Vitoria xusta, pero o resultado coido que foi curto a nosos favor, o que no encontro de volta nas Eiroas teremos que andar con moto ollo, pois elas xeran ocasións de gol, o que nos fai estar en tensión e obríganos a non despistarnos“.

Bergantiños FC Feminino : Jéssica, Lara, Noelia, Laura Rivas, Sofía, Zaida, Cruz, Trillo, Laura Caamaño, Laura Muñíz e Andrea. Tamén xogaron : Sarai, Alba Villar, Ainhoa e Ana.

Tomiño FC Femenino : Antía Fernández, Sara Costas, Sandra, Uxía, Sara Álvarez, Noa Pérez, Alba, María, Nerea, Noa Alonso, e Carla. Tamén xogaron : Paula, Carla Vizoso, Antía Salgueiro, María Fernanda e Carolina.

Goles : 1-0, Sara, (27´ de penalti); 1-1, Cruz, (31´); 2-1, Noa, (63´); 2-2, Sofía, (66´); 2-3, Lara, (86´)

Árbitro : Álvaro Cid Rodríguez, Asistido nas bandas por Adrián Rodríguez e Daniel Cerreda. Amonestou a María polo Tomiño e a Trillo polo Bergantiños.

Incidencias : Encontro da ida da final polo ascenso a Nacional Feminina, disputado o 9 de Xuño do 2024 no campo “O Alivio” de Tomiño.

 

 

-Foto e comentario : Departamento de prensa Bergantiños FC/Gueli Cotelo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies