1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA
-30ª Xornada-
As bergantiñanas a un partido de acadar o campionato.
Orzán SD B 3-0 Bergantiños FC Feminino
Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “Encontro no que o resultado non reflexa para nada o que se veu no terreo de xogo. Na primeira parte estivemos moi enchufadas, moi ben colocadas e sen permitir ocasións. Tivemos 4 ou 5 chegadas perigosas, pero antes do descanso poñíanse por diante tras un corner, mal defendido pola nosa parte. Na segunda saimos igual e tivemos ocasións de Cruz, Clara, Blanca…e o final o 1-0 non nos valái e fómonos a desesperada arriba a polo empate e aproveitaron para matar o encontro. Sabor agridoce por non quedar campionas e agora o que temos, que era a nosa prioridade, é a Fase de Ascenso. temporada na que soubemos repoñernos a intres complicados, con lesións e o final o equipo deu a cara e todo intre, e en tódlos campos contra tódolos rivais. Decir que no cómputo xeral a liga regular foi moi boa“.
Bergantiños FC Feminino : Ainhoa, Lara López, Noelia, Laura Rivas, Zaida, Cruz, Trillo, Laura Caamaño, Sofía, Laura Muñíz e Andrea. Tamén xogaron : Jessica, Alba Villar, Lucía, Ana e Blanca.
Goles : 1-0, Iria, (45´); 2-0, Iria, (75´); 3-0, Paula, (89´).
Árbitro : Camila Araujo. Amonestou polas locais a Iria, e polas visitantes a Ainhoa.
-PROMOCIONAN-
1º Orzán SD : 71
2º Bergantiños FC : 68
3º Lóstrego CF B : 58
4º SD O Val : 57
-Foto e comentario : Departamento de prensa Bergantiños FC
-Texto : Xosé Búa “Pirata”