Fase de ascenso 1ª División Galega
-Volta da Final-
(Volta) Non puido ser e o Bergantiños feminino quedou sen o ascenso da máneira máis dura, a lotaría dos penaltis, e tras poñerse por diante e darlle o gol que empataba a eliminatoria para as lucenses cun balón rebotado en propia porta.
CD Lugo 2-1 Bergantiños FC
(Penaltis : 4-2)
Gueli Cotelo, (Adestrador do Beragntiños FC Feminino) : “Encontro no que os nervos, a tensión e o que nos xogábamos, afectaron a ambos equipos e ningún dos dous foi quen de despregar o seu fútbol. Elas comezaron moi fortes na primeira metade, cousa ca que xa contábamos, e aproveitámolo sabendo aproveitar eses espazos que deixaban e puxémonos por diante cun gol de Cruz, practicamente na primeira xogada do partido, e o final decideuse todo a balón parado. Marcáronnos nun balón parado, no saque dun corener e viñéronse arriba. Con elas con ritmo algo non nos crearon tampouco demasiadas ocasións, algunha a balón parado e fomos ao descanso co empate, que era o que queríamos, non levar un resultado adverso.
Na segunda metade comezaba outro partido e queríamos tratar de aguantar e buscar o noso intre contando que como lles pasou en Carballo na segunda metade deran un baixón físico e así foi que xa non chegaban arriba, pero a verdade e que nós tampouco chegábamos, pero nun balón parado que quedou morto en área pequena e chegou o segundo gol delas, que ainda creo que foi involuntariamente en propia porta. Así fomos a prórroga.
Unha prórroga a que nós chegamos mellor, pero non éramos capaces de facer ocasións, estivemos espesas e cas ideas pouco craras. Acabou o encontro e fomos a lotaría dos penaltis e estiveron elas máis acertadas. Temporadón a levantar a moral e a pensar na copa”.
CD Lugo : Judith, Berta, Yanire, Íria, María, Ana, Lola, Andrea, Paula, Marta e Candela. Tamén xogaron : Laura e Blanca.
Bergantiños FC : Ainhoa, Lara, Eva, Cruz, Alba, Carmen, Alejandra, Blanca, Sofía e Paula Paredes. Tamén xogaron : Laura, Marián, e Gabriela.
Goles : 0-1, Cruz, (1´); 1-1, (7´); 2-1, (49´en propia porta).
Penaltis : Tiráronse 8, dos que as lucenses marcaron os 4 e as bergantiñanas erraon en 2.
Arbitro : José Luis Fraga, con Pablo Pardo e Lucía Álvarez nas bandas. Amonestou a laura polas lucenses e a Sofía polas carballesas.
Copa da Costa
As bergantiñanas visitan hoxe ao Corcubión nos cuartos de final PREME AQUÍ para ver a previa.
Fotos : Prensa Bergantiños FC
-Texto : Xosé Búa “Pirata”