CRÓNICA : O BERGANTIÑOS FEMININO MANTÉN O LIDERATO A PESARES DA INESPERADA DERROTA ANTE O AROUSANA.

1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA

-11ª Xornada-

As bergantiñistas sobre o céspede do Rosales Marcos.

 

Atlético Arousana 3-2 Bergantiños FC

Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “Partido que chegamos con baixas importantes contra un rival que sempre se nos complica últimamente. Entramos no partido relaxadas e lastrounos na primeira xogada de balón parado donde o Arousana aprobeitou un rechace de falta os 14 minutos de xogo. Pouco a pouco buscamos o noso xogo e Blanca facia o empate no 27. No 40 nunha xogada persoal de carolina na frontal volvía poñer por diante as locais. Na segunda parte segueu a misma dinámica de partido, moi parexo pero sin acerto na portería rival e no 62 un penalti bastante dudoso facian o 3-1, despois de repetilo xa que no primer lanzamento parabao Ainhoa, pero o colexiado indicou que defensoras do Bergan entraran na área. Sofía recortaba distancias no 90 pero non daba tempo para mais para finalizar co 3-2”. 

Bergantiños FC : Ainhoa, Noelia, Zaida, Cruz, Sara, Trillo, Alejandra, Laura Caamaño, Laura Muñíz, Blanca e Sofía. Tamén xogaron : Lara, Alba e Ana.

Goles : 1-0, Carolina, (13´); 1-1, Blanca, (27´); 2-1, Carolina, (40´); 3-1, Carolina, (63´de penalti); 3-2, Sofía, (90´)

Árbitro : Marcos Campo. Amonestou a Carla, Carolina e o adestrador Juan Luis López por parte do Arousana e a Alejandra, Laura Caamaño e Sofía polo Bergan.

 

Proximo encontro

O equipo carballés recibe nas “Eiroas” ao Victoria FC B o vindeiro Domingo 3 de Nadal a partires das 12:15 horas

 

CLASIFICACIÓN

O Bergantiños sigue lider con 25 puntos, neste caso por golaveraxe empatado co Orzán, trala inesperada derrota ante o Arousana.  Premendo no enlace podes ver a clasificación ao completo con tódolos resultados da xornada.

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

 

 

-Foto e Texto : Redes e Prensa Bergantiños FC

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Gueli Cotelo