CRÓNICA : O BERGANTIÑOS FEMININO LIDER DA 1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA TRAS DERROTAR O TOMIÑO.

As bergantiñistas líderes por golaveraxe.

 

Tomiño FC Femenino 1-2 Bergantiños FC

Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “Partido que a priori era o dos máis complicado da tempada, xa que o Tomiño ven nunha boa dinámica de resultados, reforzouse moi ben este ano, que está na parte alta da clasificación e que ten un campo de dimensións reducidas no que practican elas o seu fútbol, fútbol direto, moito balón parado. O primeiro tempo moi igualado, tiros lonxanos, fútbol direto con lanzamentos de fora da área, pero as porteiras estiveron moi acertadas. Adiantáronse elas nun saque de curruncho direto, fixemos uns trocos e conseguimos empatar por medio de Trillo, e nun centro chut, Chus fixo o 1-2. Creo que resultado xusto porque propuxemos un poco máis de fútbol e con boa dinámica”. 

 

Tomiño FCF : Antía, Paula, Judit, Uxía, Sara, Fernanda, Baz, Noa, Inés e Carla. Tamén xogaron : Sandra, Carla, Antía Lucía e María.

Bergantiños FC : Ainhoa, Lara, Noe, Zaida, Cruz, Trillo, Alejandra, Laura Caamaño, Blanca, Sofía, e Laura Muñíz. Tamén xogaron : Sarai, Isa, Alba, Sara e Carla.

Goles : 1-0, Carla, (60´); 1-1, Trillo, (81´); 1-2, Laura Caamaño, (83´).

Árbitro : Juan Carlos Gómez. Amonestou o adestrador visitante Gueli Cotelo.

 

Proximo encontro

O equipo carballés recibe ao PM Frriol B no As Eiroas, (Carballo), o vindeiro Domingo 19 de Novembro ás 16:15 horas.

 

CLASIFICACIÓN

O Bergantiños aproveitou o empate do inesperado do Orzán SD ante o Domaio CF, 10º clasificado, para subir o primeiro posto por golaveraxe con 22 puntos igual cas coruñesas. Premendo no enlace podes ver a clasificación ao completo con tódolos resultados da xornada.

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

 

-Foto e Texto : Redes e Prensa Bergantiños FC

-Texto : Xosé Búa “Pirata”