Celebración das bergantiñista tras derrotar as que eran líderes.
Bergantiños FC 0-4 Sporting Cambre
Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “Partido marcado polo dominio do Bergan desde o principio ata final do mesmo, xa poñéndose de cara no minuto 2 con gol en propia do Cambre nun centro de López. O Bergan seguía dominando e xerando ocasións e no 12, Trillo facia o 2-0 co que se chegaría o descanso. A segunda parte transcurreu co mesmo patrón, un Bergan con balón e as visitantes sin facer perigo agás algunha xogada de balón parado, Noe no 50 marcaba a saida dun corner e pechaba o marcador Uxía no 73”.
Bergantiños FC : Ainhoa, Lara, Noe, Cruz, Trillo, Alejandra, Blanca, Sofía, Laura Muñíz, Uxía e Yaiza. Tamén xogaron : Zaida. Alba, Sara, Laura Caamaño e Carla.
Sporting Cambre : Claudia, Saray, María, Lucía, Paula, Eva, Andrea, Marta, Paula Siera, Estefanía e Paula Arijón. Tamén xogaron : Noelia, Goreti, Lorena, Mónica e Rita.
Goles : 1-0, María, (4´en propia porta); 2-0, Trillo, (12´), 3-0 Noe, (49´); 4-0, Uxía, (73´).
Árbitro : Carlos Señarís. Non amosou ningún cartón.
Proximo encontro
O equipo carballés visita no As Relfas o Sardoma de Vigo CF B, o vindeiro Domingo 15 de Outubro a partires das 18: 00 horas.
CLASIFICACIÓN
O Bergantiños ocupa a 3ª posición a 2 do Sporting Cambre, que coa derrota ante as carballesas perdeu a praza de lider en detrimento do Orzán SD que suma 3 puntos máis cas cambresas e 5 máis cas carballesas, que están en promoción e por detrás teñen a SD O Val, Tomiño FC e Lóstrego CF B, todas elas cos mesmos 7 puntos das bergantiñanas.
-Foto e Texto : Redes e Prensa Bergantiños FC
-Texto : Xosé Búa “Pirata”