CRÓNICA : O BERGANTIÑOS FEMININO GOLEA E CHEGA AO ENCONTRO DECISIVO POLO TÍTULO NA CABEZA DA TÁBOA.

1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA

-29ª Xornada-

As bergantiñanas a un partido de acadar o campionato.

 

Bergantiños FC Feminino 9-0 EFB Amistade

Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “Partido sin moita historia, cun equipo rival que chegou xustas de efectivas para xogar, a primeira parte démoslle intensidad e ritmo o balón xa abrindo o marcador os 5 minutos con gol de Caamaño e en tan sólo 30 minutos xa iríamos 5-0 o que fixo que as rivais como e lógico baixaran os brazos, chegarianos o descanso con 6-0.

Na segunda parte intentamos controlar mais o partido, evitar esforzos e ter unha posesión de balón efectiva creando xogadas combinativas, donde lograríamos outros 3 goles mais para cerrar o partido cun 9-0. Destacar tamen a proposta das rivais que non se encerraron e intentaron buscar o gol, e a pesar do resultado non houbo ningunha acción de maldad por impotencia que pode suceder en outras ocasións“.

Bergantiños FC Feminino : Lara López, Noelia, Laura Rivas, Zaida, Cruz, Trillo, Ainhoa, Laura Caamaño, Sosía, Yaiza e Andrea. Tamén xogaron : Jessica, Isa, Alba Villar Laura Muñíz e Blanca.

Goles : Laura Caamaño, Lara López, (2), Cruz, Trillo, (3), Andrea, e Noelia.

Árbitro : Pablo Rama. Non amosou cartóns.

 

Clasificación

O Bergantiños, xogarase o título de campión de liga o vindeiro Domingo 19 de Maio de 2024 a partires das 12:00 horas no Campo Nº2 da Torre, (Cidade deportiva Arsenio Iglesias), feudo do Orzán SD, xa que ambos equipos chegan ao derradeiro encontro empatados a puntos, coas bergantiñistas como líderes polo golaveraxe total favorable.  Ademáis xa quedou confeccionado o grupo dos 4 equipos que promocionan : Bergantiños, Orzán, O Val e Lóstrego B.

 

-Primeiras 5 prazas-

Bergantiños FC : 68

Orzán SD : 68

 SD O Val : 57

 Lóstrego CF B : 54

 Tomiño FC : 50

(Van a promoción de ascenso os 4 primeiros)

 

 

 

-Foto e comentario : Departamento de prensa Bergantiños FC

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies