As bergantiñistas seguen en positivo.
Bergantiños FC 1-1 Orzán SD
Na segunda metade saeu mellor o Bergantiños facéndose dono do encontro, e das mellores ocasións. Zaida facía o gol do empate a hora de xogo, impartindo xustiza para o que se estaba a ver. Tivo o casións como para levarse os 3 puntos o equipo carballés, pero non se movería o marcador.
Clasificación
Sárdoma CF “B”, e CD Lugo sumaron unha nova vitoria, sendo as que mandan na liga con 9 puntos de 9 posibles, terceiro o Victoria CF “B”, con 7, os mesmos ca o Bergantiños, que ocupa a cuarta praza por golaveraxe.
Próxima xornada
O Bergantiños FC Feminino visita na 4ª xornada de liga ao SDC y R Narón O Freixo, no “Río Seco”, o Domingo 2 de Outubro a partires das 16:30 horas.
-Foto : Bergantiños FC Departamento de Prensa
-Texto : piratasdemuxia