CRÓNICA : O BERGANTIÑOS FEMININO DESPIDE O ANO NO MÁIS ALTO DA 1ª GALEGA FEMININA GOLEANDO O UMIA CUNHA CRUZ PLETÓRICA”.

1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA

-13ª Xornada-

As bergantiñistas despiden o ano do centenario do clube liderando a liga.

 

Bergantiños FC 5-0 Umia CF B

Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “Último partido do ano, (polo parón de seleccións), no que chegamos aínda bastante mermadas polas lesións, contra o filial do Umia que sempre son impredecibles, porque nunca sabes que equipo che poden plantar no campo. Empezamos cunha intensidade alta sabendo que era o último gran esforzo do ano, buscando explotar os nosos puntos fortes de ataque e manterse seguras defensivamente. Eso fixo que nos primeiros 20 minutos abriríamos unha gran brecha no marcador con un 4-0 sendo moi efectivas en cada ataque con 3 goles de Cruz e o outro de Sara Pita. Eso fixenos ter completamente o control e ritmo do xogo, para intentar dosificar esforzos innecesarios, xa que tampouco o Umia facia moito daño cando recuperaba.
Pasouse un pouco o partido a ser mais de toque e posesión e non houbo grandes ocasións na segunda parte ata o minuto 90 que Cruz volvía a marcar para facer o seu cuarto gol e o definitivo 5-0. Vitoria importante para ir o parón con ánimo e esperar a recuperar xogadoras lesionadas”. 

Bergantiños FC : Ainhoa, Noelia, Zaida, Cruz, Isa, Sara, Alejandra, Laura Caamaño, Blanca, Sofía, e Laura Muñíz. Tamén xogaron : Ana, Lara López e Aroa.

Umia CF B : Sara, Lía, Cristina, Raquel, Ana, María, Nuria, Sara, Yaiza, Tamara e Yasmina. Tamén xogaron : Claudia, Sela e Nerea.

Goles : 1-0, Cruz, (2´); 2-0, Sara, (14´); 3-0, Cruz, (º9´); 4-0, Cruz, (21´); 5-0, Cruz, (90´).

Árbitro : Diego Grille. Non amosou ningún cartón.

 

Proximo encontro

O equipo carballés visita no Municipal de Mourente ao EFB Amistade o vindeiro Domingo 7 de Xaneiro do 2024, con horario por definir.

 

CLASIFICACIÓN

O Bergantiños remata o ano no máis alto en solitario con 29 puntos, 2 por enriba do segundo clasificado o Orzán, que volveu a empatar por segunda semana consecutiva, desta volta co Friol, o que foi toda unha sorpresa o estar estas na antepenúltima posición. Empata a puntos cas coruñesas e a 2 das bergantiñanas o Lóstrego CF B, que derrotaba o Tomiño por 0-1. Remata o ano en promoción o SD O Val, con 24 puntos.  Premendo no enlace podes ver a clasificación ao completo con tódolos resultados da xornada.

 

CLASIFICACIÓN E RESTO DE RESULTADOS : PREME AQUÍ

CALENDARIO COMPLETO CON TÓDOLOS RESULTADOS DA TEMPADA : PREME AQUÍ

 

-Foto e Texto : Redes e Prensa Bergantiños FC

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Gueli Cotelo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies