CRÓNICA : O BERGANTIÑOS FC FEMININO DERROTA AO CF NOIA E COMPRIME A PARTE ALTA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA.

1ª División Galega Feminina

O Bergan volveu a derrotar o Noia.

 

-17ª Xornada-

CF Noia 2-4 Bergantiños FC 

Encontro complicado o que se levaron as bergantiñanas ante outro equipo que ten as suas raices no fútbol da costa, como é o CF Noia. A primeira metade foi xogada de poder a poder e ainda que se adiantaban as carballesas na primeira aproximación, cun tanto de Alba Villar, a resposta das da Terra do Berberecho non se facía tardar, e remontaban con goles de Adriana e Noelia. Blanca antes do descanso rescataba as táboas no marcador para as de Carballo, con toda a segunda metade por diante.

Madurou o encontro no segundo tempo o equipo de Gueli Cotelo, e xa non houbo concesións. Pasada a hora de xogo Cruz poñía de novo as bergantiñistas por diante, pero a incertidume durou ata o desconto, cando Carmen Vázquez facía o definitivo 2-4, nun duelo moi serio de mabas escadras.

Goles : 0-1, Alba Villar, (3´); 1-1, Adriana, (11´); 2-1, Noelia , (19´); 2-2, Blanca, (44´); 2-3, Cruz, (65´); 2-4, Carmen, (90´).

 

Proximo encontro

O Bergantiños visita o Orzán SD , 3º clasificado con 38 puntos un máis cas carballesas. O choque será o vindeiro Domingo 29 de Xaneiro ás 16:00 horas, (se non hai troco), no “A Torre 1” de A Coruña. Na primeira volta o equipo bergantiñista empataba cas coruñesas, (1-1), na 3ª xornada da liga 2022/23. 

Clasificación

As carballesas continuan na cuarta praza, (promoción de ascenso), con 37 puntos, agora a 1 do Orzán SD, (3º), que perdia esta semana co Atlético Arousana, (3-0), a 2 do segundo CD Lugo,e a 5 do lider, Sárdoma CF “B”. 

 

 

-Foto arquivo : Depart. Prensa Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia