CRÓNICA : “O BERGANTIÑOS FC FEMININO CAE INESPERADAMENTE DERROTADO ANTE O ATL. AROUSANA E DESAPROVEITA QUE OS 3 DE ARRIBA NON PASAN DO EMPATE”.

1ª División Galega Feminina

“O Bergan caeu inesperadamente no seu campo.

 

-16ª Xornada-

Bergantiños FC 1-2 Atlético Arousana

Inesperada derrota das rapazas de Gueli Cotelo, ante o 10º clasificado, e ao que na primeira volta, no primeiro encontro de liga derrotaran por un axustado 0-1. Comezou mal o encontro para as bergantiñanas que vían como aos 3 minutos de xogo se adiantaban as sureñas cun tanto de María Arufe. Pasada a media hora de xogo, Cruz conseguía o gol do empate, 11º gol da xogadora carballesa. Carla no 4antes do descanso voltaba a poñer por diante as arousanas, e parecía que todo quedaba por decidir.

Na segunda metade as visitantes fixeron un bo traballo defensivo, que non foron quen de derribar as carballesas, e daban un paso atrás na loita polo título, e desaproveitaron os empates do lider Sardoma, e dos seus perseguidores, Orzán e Lugo. No medio do malo, que só se lles escaparon 1 punto.

Goles : 0-1,María Arufe, (3´); 1-1, Cruz, (34´); 1-2, Carla, (42´).

 

Proximo encontro

O Bergantiños visita o CF Noia , 13º clasificado con 13 puntos. O choque será o vindeiro Domingo 22 de Xaneiro ás 12:00 horas, (se non hai troco), no anexo o “Julio Mato” de Noia. Na primeira volta o equipo bergantiñista derrotaba as noiesas por 5-2, na segunda xornada da liga 2022/23. 

Clasificación

As carballesas continuan na cuarta praza, (promoción de ascenso), con 34 puntos, agora a 2 do CD Lugo, (3º), a 4 do Orzán SD, (2º), e a 5 do lider, Sárdoma CF “B”. 

 

 

-Foto arquivo : Depart. Prensa Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia