Martín MC fixo o seu cuarto gol da tempada.
CF Mazaricos 0-3 CD Baio
Non da collido o ritmo o que nos ten avituado o Mazaricos que suma ante un Baio ascendente a sua terceira derrota do curso, con duas vitorias, unha na casa ante o Coristanco, fai duas xornadas, (3-2), e unha fora en Cabana, (2-3), na segunda xornada. Pola sua banda o Baio que comezou mal o curso no seu retorno a Liga da costa con un empate e duas derrotas, para dende o 29 de Setembro, que caeran ante o Monte Louro, (2-0), encadear 4 vitorias consecutivas, que o levan provisionalmente a poñerse a 3 puntos do lider, Camariñas, e cos mesmos 13 puntos do segundo, Soneira.
Saeu forte o equipo baies ante o mazariquense e aos 8 minutos de xogo, Martín Mc, batía por primeira vez a Iker Arán. Sen tempo a repoñerse do gol encaixado e con moito ainda por diante, Aitor facía o 0-2, dous minutos despois, (10´), e cndo se revasaba a media hora de xogo, Muiño facía ó 0-3, (31´), que xa sería definitivo. Na segunda metade os mazariquenses buscaron meterse no encontro pero non chegou ese gol que lles dera ás para tentar sumar algo positivo.
LIGA DA COSTA
-7ª Xornada-
-27/10/2024-
Cabana SD-Corme CF, ás 17:00 horas
CD Muros-Camariñas FC, ás 17:00 horas
Outes FC-SD Coristanco, ás 12:00 horas
CF Lira-UD Corcubión, ás 17:30 horas
CF Mazaricos 0-3 CD Baio, 26/10 , ás 16:30 horas
Ponteceso SD-Soneira SD, ás 17:00 horas
CF Porteño-UD Monte Louro, ás 16:30 horas
Xallas-UC Cee, ás 17:00 horas
-AXENDA PITRATA con todo o Fútbol da Costa senior, masculino feminino e veteranos : PREME AQUÍ
-Foto : Luis González Botas
-Texto : Xosé Búa “Pirata”