Cronica: Numancia 1-2 Depor

Borja Valle fixo o primeiro do Depor nista xogada.

 UD Numancia 1-2 Depor

-Comezo fulgurante e final sufrido-

Arriscado o plantexamento de José Luis Martí con Álex Bergantiños como “Kaiser” no medio do campo e con Edu Expósito por diante, pero a cousa máis ofensiva canto máis para adiante con Fede Cartabia e Borja Valle nas bandas e Carlos Fernández Quique González na punta. Así foi que aos 3 minutos xogada na que Carlos da hacia atrás no borde do área, paredes antre Borja Valle e Quique antre liñas, este devolve ao ponferradín que a bocaxarro cruza e fai o primeiro. Non tardou en chegar o segundo, este nun saque de curruncho no que Michelle Somma salta sobre todos e fai o segundo, para deleite dos máis dun cento de deportivistas que estaban nnese fondo. Pasou o Depor a controlar, tocar e buscar con máis pausa o terceiro. O Numancia só tivo unha boa ocasión a balón parado que se foi alta. O Depor puido facer o terceiro en segunda xogada tralo saque dunha falta na que Fede Cartabia lanza cruzado antre un mar de pernsa e toca en alguén e evita o gol. Na segunda metade controlou o encontro o equipo deportivista e puido sentenzalo pero complicouselle ca inxusta expulsión de Michelle Somma nun “suposto” cobadazo que era unha carga legal antre dous e nesa xogada marcaba Edu Expósito. Tivo que retocar o equipo totalmente Martí e tivo algunha contra o Depor para facer o 0-3, pero faltou o remate final. O acoso constante dos numantinos tivo o seu premio no minuto 90 que facía o 1-2, pero desta volta o equipo branquiazul soubo xogar como se fai cando tes que perder tempo, unha cousa que se soubésemos facer antes teríamos varios puntos máis no casilleiro, dos que perdemos nos instantes finais, ata se deu contra o Numancia que nos empatou en Riazor un 2-0, nos intres finais. Destacar o debút de Íñigo López que saeu para tapar o lugar deixado por Somma trala expulsión.

Dani Giménez, Bóveda, Domingos Duarte, Michelle Somma, Diego Caballo, Álex Bergantiños, Edu Expósito, Fede Cartabia, (Vicente Gómez)Borja Valle, (Íñigo López), Carlos Fernández, (Pedro Sánchez), e Quique.

Goles : 0-1 Borja Valle (3´); 0-2, Michelle Somma, (9´); 1-2, Guillermo, (90´).

Árbitro:  Luis Mario Milla Alméndiz. Non tivo igualdade a hora de sinalar faltas, en especial varias que houbo sobre, Fede Cartabia, Carlos Fernández e Vicente. Fallou clamorosamente no segundo cartón a Somma e perdonoulle o segundo ao numantino Higinio que xa fixera unha entrada por detrás a Cartabia de vermello direto.

Incidencias: Partido correspondente á 36ª xornada da 2ª División Española de Fútbol no Estadio “Los Pajaritos” de Soria. Máis de un cento de deportivistas animaron o equipo no campo soriano.

+++++++++++++++++++++++

Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo: info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono: 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos moito menos ca outras webs, radios ou xornais de menor seguimento. 

Deixa un comentario

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies
PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com