CRÓNICA : NEFASTA DERRADEIRA XORNADA PARA OS EQUIPOS COSTEIROS DA 1ª GALICIA A COSTA/SANTIAGO.

O Mazaricos e Baio despediron a liga de maneira triste sen ver goles.

 

Nesfasta xornada para os equipos costeiros que se xogaban moito nesta derradeira xornada de liga. O Xallas que pasou cáseque toda a liga na promoción non pasaba do empate co campión, Cidade de Ribeira e víase desbancado do posto de promoción polo Lalín que derrotaba o subcampión Negreira, e acadaba un punto máis cos xalleiros. O Dumbría derrotaba no derbi a Esteirana e non lle daba para entrar na promoción por 1 punto, ao igual cos xalleiros, pero deixaba tocados aos de Esteiro, que xunto co Baio ocupan posto de arrastres, que os vai a haber. No derbi antre Mazaricos e Baio, con nada en xogo, firmaban táboas co cero a cero no marcador, e o Soneira que tampouco se xogaba nada co Puebla, e ambos da man na metade da táboa, deron polo menos un gran espectáculo para os afeccionados que puideron ver 7 goles.

 

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : Xosé Búa “Pirata”