CRÓNICA, MANIFESTACIÓNS E RESUMO DO ALBACETE 2-5 DEPOR : “GOLPE ENRIBA DA MESA”.

Mella suma os seus primeiros goles como profesional.

 

Albecete 2-5 Depor

Comezou dominando e querendo ser o actor da película o Depor pero na primeira chegada dos albaceteños, saque de curruncho e gol. As mesmas pantasmas do que vai de tempada cubrían o Carlos Belmonte. Corner mal defendido e no que o noso ex, Alberto Quiles escápaselle a Ximo Navarro e remata co p, cruzándolle o balón a Leite entorpecido por moitos xogadores para ver o balón.

Parecía que de novo tocaba ser o “cabaleiro da triste figura”, pero desta volta foron Cervantes e nun arranque de calidade remontaron en 7 minutos con goles de Yeremay e Mells. Ata o final da primeira metade houbo 4 ocasións máis deportivistas, pero seguía a teima de errar diante da meta contraria, en especial unha de mMella con paradón de Rivero, e tamén puideron empatar os albaceteños noutro saque de curruncho na derradeira xogada da primeira metade, que se extendeu en 5 minutos, cando dictaminara 4 e deixando que se sacase o corner.

Na segunda metade o Depor non saeu a especular co resultado e esperar contras, foise a polo terceiro e tívoa Lucas que tras sortear a varios xogadores adentrándose no área dende a lateral, disparou forzado as mans do meta local.  Non tardou en chegar o terceiro deportivista nunha gran xogada de Yeremay. O atacante deportivista adiántase ao seu par, encara a Rivero e báteo con clase no un contra un. Tralo gol houbo un intre que lle deixou o balón o Depor o Albacete, pero non chegaba a crear perigo. Catro trocos dunha tacada fixo o adestrador local antre os pitidos do público.

Idiakez deu entrada deu entrada a Crístian Herrera e Mario Soriano por Yeremay e Barbero, un Barbero que a pesares de non marcar fixo un gran encontro, como asistente, baixando balóns e abrindo ocos. De volta o encontro, unha rápida prolongación de Lucas chégalle a Mella que se adentra no área e cruza ante un defensa e o porteiro para que Crístian Herrera marque a pracer.

Coma peixe que está abordo e trata de zafarse dando coletazos na cuberta, o Albacete acurta distanzas nunha xogada embarullada con varios remates e malos despespexes que acaba dentro da meta de Leite. Quedaban 14 minutos e todo podía pasar, pero o que pasou foi que nunha contra Mella recibe un balóns de Crístian Herrera, plántase ante o porteiro e báteo no man a man.

Desta volta o balón entrou a pesares de ter os erros atrás dos outros encontro. Coma este encontro poderían ter quedado algún máis dos disputados pero fallou a eficacia de cara a gol que houbo neste. Tamén hai que dicilo, notouse o poderío en medio campo de Mfulu a diferencia do papel que fai Jurado, que tampouco o fai mal.

Os detalles : Debut de Charlie Patiño, primeiros goles de Mella como profesional e primeiro gol de  Crístian Herrera ca camisola deportivista. Nas bancadas 150 deportivistas na sua maioría das peñas :  Al Sur de Riazor, Barcelona, Centenariazo, Chamberí Branquiazul, Miau miaiu, Noroeste Turko, Orgullo Koruño, Tralla Brava, Unaicheka e 1906. Tamén se apreciba deportivismo nas gradas dos locais.

Albacete Balompié: C. Rivero, Álvaro R. (Higinio, min. 67), Juan María (Lazo, min. 67), A. Medina, Ros, Juanma, Riki, Fidel (Nabil T., min. 82), Jon García (Morci, min. 67), A. Meléndez (Javi Rueda min. 67) e Quiles

Depor : Helton, Ximo, Pablo Vázquez, Dani Barcia, Obrador (Pablo Martínez, min. 86), Mfulu (Jose Ángel, min. 82), Villares, Mella (Charlie Patiño, min. 82), Yeremay (Mario Soriano, min. 72), Lucas e Barbero (Cristian Herrera, min. 72)

Árbitro: José Luis Guzmán Mansilla, do comité andaluz. Amoestou a Barcia (min. 15), Obrador (min. 17), Riki (min. 35), A. Medina (min. 36) e Fidel (min. 60), 

Goles: 1-0 Quiles (min. 5); 1-1 Mella (min. 9); 1-2 Yeremay (min. 12); 1-3 Yeremay (min. 61); 1-4 Cristian Herrera (min. 73); 2-4 Fidel (min. 76); 2-5, Mella (min. 79)

Incidencias: Partido correspondente á 7ª xornada disputado no Estadio Carlos Belmonte con 11.509 espectadores.

 

-MANIFESTACIÓNS-

Imanol Idiakez nos micros da televisión manifestou “estar moi contento en especil pola afección deportivista desprazada no campo e por toda a afección. Nos creemos moito no que facemos cada semana, os resultados non estaban chegando pero estábamos ben”. Tamén veu “pantasmas” no primeiro gol albaceteño, “era unha xogada que xa lles coñecíamos pero non puidemos paralas…si que fastidiou”.

Pola sua banda Mella que tamén pasou polos micros dixo sentirse ; “Feliz polo meu primeiro gol como profesional e con 19 aniños, fixemos un gran partido todos dende o porteiro o dianteiro e tódolos que entraron dende o banco”, e preguntado pola sua renovación, (ampliación de contrato máis ben), dixo que, “está ben encamiñada”.

-RESUMO DO ENCONTRO-

 

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Víde e Foto : RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies