Lucas sacando un centro na segunda metade.
Depor 1-0 Ferrol
Pedíase a inclusión de Barbero no once inicial e Idiakez cumpliu coa petición de gran parte da afección, pero sorprendeu co debuxo que plasmou sobre o campo, ata o propio equipo visitante.
Deu a porta ao debutante Helton Leite, que non o fixo mla e estivo acertado na única ocasión dos ferroláns na segunda metade con 1-0 no marcador, sacando co peito un man a man lateral, ademáis moi atento nos balóns parados e nos colgados o área, amosando a sua gran embergadura, (1´97 cms). A sorpresa maior foi a de situar a Mella como lateral esquerdo e Yeremay no interior dereito, o que desconcertou o equipo visitante. Villares ocupou a parte centarl con José Ángel de compañeiro, Lucas de director de orquestra e con Soriano e Yeremay por cada lado e Barbero en punta.
O Ferrol adicouse a achicar e buscar contras tras roubos e volver rápido o seu campo tras perda propia. Mella nun disparo cruzado que pasou lambendo a cepa do poste, tivo a mellor nos primeiros compases do choque. Un choque na disputa dun balón, testa con testa, fixo que o encontro estvera parado varios minutos o que curtou o ritmo alto que estaba a haber. No choque antre Pablo Vázquez e Buñuel, o ferrolál foi o que saiu peor parado e tivo que ser sustituido, o deportivista continuouo xogando cun aparatoso vendaxe. O choque ata o descanso sigueu igual o Depor tentándoo e o Ferrol pechado atrás. José Ángel tivo unha boa pero o seu disparo foi collendo altura.
A afección marmuraba na grada que había que buscar o disparo de fora do área dado o plantexamento dos da Cidade Departamental, e foi o “máxico 10¨, o que o tentou e tras diblar a un contrario preto do pico do área mandaba ca curvatura perfecta o segundo pau colándose o balón pegado a él e imposible para o meta visitante. O canario con novo loock, co pelo branco, (cousa de Mella e Hugo Rama, contaría tralo encontro), voltaba pouco despois tentábao da mesma maneira pero desta volta o balón saíafora lambendo o poste.
Saeu Bouldini no 64 no lugar de un Barbero pouco acertado e sen ser o xogador combatibo de anteriores encontros. O marroquí que debutaba pelexou moitos baláons e ainda que se lle veu falta de comunicación cos compañeiros bregou e pideu un penalti no área rival o ser derribado. Lucas nun forte disparo repelido pola defensa e José Ángel de forte disparo tras chegarlle o rexeite, e o propio Lucas nunha falta lateral que tirou directo a porta e o canario de testa no segundo pau tras centro de Yeremay, tiveron a máis clara nos derradeiros minutos.
O resultado daba incerteza dado que un gol podía chegar de calquer maneira e veuse que o equipo quería esta vitoria e soubo perder tempo e bregar en cada disputa en medio campo. Mfulu saeu por José Ángel, e debutou cuns bos minutos amosando o seu poderío axudado polo seu corpo. Canda Mfulu tamén saeu Petxarroman para o carril dereito pasàndose Ximo Navarro o esquerdo no sitio de Mella que saeu polo vasco. Con eles tamén saeu Davo por Soriano, que acababa de ver un cartón, collendo o asturiano o extremo dereito, xa no 90 e con 7 de desconto por diante debutaba Obrador que collía o interior esquerdo ca saida de Yeremay, ovacionado co estadio en pé.
Yeremay arrancou varios “ole” da grada en varios regates de calidade que efectuou. Tamén destacar un regate co corpo de Mella o máis puro estilo Djalminha que tamén sacou a interxección dos afeccionados.
O final trunfo vital no anímico para os xogadores e primeira toma de contacto ca competición como deportivistas para 4 dos novos. Choque moi igualado e no que se levou a vitoria o que máis insistío de cara a porta.
Depor: Helton, Villares (Jaime, min. 90+2), Pablo Vázquez, Pablo Martínez, Ximo, Jose Ángel (Mfulu, min. 81), Mario Soriano (Davo, min. 81), Mella (Petxarroman, min. 81), Lucas, Yeremay (Obrador, min. 90) e Barbero (Bouldini, min. 64)
Ferrol: Jesús Ruiz, Puric, Naldo, Chiki, J. Señé, F. Manzanara (Álvaro Sanz, min. 67), Dorrio O., Brais Martínez (Moi Delgado, min. 78), Álvaro G.C. (Jauregui, min. 45), Aitor Buñuel (Delmás, min. 36) e Luis Perea (Gelardo, min. 67)
Árbitro: Arcediano Monescillo, do comité castelán-manchego. Amoestou a Ximo (45+2), Chiqui (min. 46), Mario Soriano (min. 80) e Obrador (min. 90+4)
Goles: 1-0 Yeremay (min. 54)
Incidencias: Partido da 3ª xornada en LaLiga Hypermotion disputado en Riazor ante 26.455 espectadores. O inicio entonouse dende a grada o Himno Galego
-MANIFESTACIÓNS-
Idiakez, Pablo Vázquez, Yeremay e o ex deportivista, Cristobal Parralo, adestrador dos ferroláns, pasaron por sala de prensa e xona mixta para dar as suas impresións do choque.
-RESUMO DO ENCONTRO-
-Vídeos : RC Deportivo
-Texto e foto : Xosé Búa “Pirata”