CRÓNICA : MALPICA E SOFÁN FIRMAN TÁBOAS PARA QUE TODO SIGA IGUAL NA LOITA POLO TÍTULO.

O Malpica mantén o liderato e adistanza.

 

SCD Malpica 1-1 SD Sofán B

Xogouse na tarde do sábado no Pedra Queimada o encontro da xornada. O lider, Malpica, reibía ao segundo, Sofán B. Non tardaron en adiantarse os malpicáns cun tanto de Fran García, resultado co que se chegaba o final da primeira metade. Non foi ata o treito final cando Isma Ramos empataba para os sofanistas para facer que as cousas queden igual antre ambos equipos con 2 puntos de ventaxe para os malpicáns e dar a oportunidade a Volantes, Cerqueda e Sporting Zas, que se poidan acercar a loita polo título e polo ascenso.

Goles : 1-0, Fran García, (18´); 1-1, Isma Ramos, (82´).

Incidencias : O colexiado, Manuel Castro, expulsou con dobre cartón ao malpicán, Crístian, (75´e 90´).

 

3ª DA COSTA

-12ª Xornada-

-01/12/2024-

 SD Oza-CF Muxía B, ás 19:30 horas

 CD Nantón-Sporting Seaia CF, ás 16:15 horas

SCD Buño-Atlético Pereiriña FC, ás 17:00 horas

 SD Laxe-Sporting Zas, ás 16:15 horas

Volantes de Baño FC-SD Camelle, ás 16:00 horas

  Inter de Brens-UD Cerqueda, ás 16:15 horas

SCD Malpica 1-1 SD Sofán B

Descansa : CD Baiñas

 

AXENDA PIRATA de todo o Fútbol da Costa : PREME AQUÍ

-Foto : FaceBook SCD Malpica

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies