CRÓNICA IDA DA FINAL POLO ASCENSO A LIGA DA COSTA : SD LAXE 1-1 SD CAMELLE “QUEDA TODO PARA O RODEIRO”.

Ambientazo no campo laxense.

 

Laxe e Camelle deixaron todo para o derradeiro encontro no Rodeiro de Camelle, nun choque que estivo marcado polo choque, (valga a redundancia), antre dous dos xogadore do equipo laxense, aos que lles desexamos unha pronta recuperación, e no que os camelláns se puxeron por diante moi pronto e que os laxenses foron quen de igualar no derradeiro suspiro, tras un parón por mor de esperar por unha ambulancia para atender aos accidentados na xogada fortuita. Non había puntos por medio pero o veterán xogador do Laxe, Felipe, levou 15.

 

SD Laxe 1-1 SD Camelle

Eliseo Rama, (Adestrador do SD Laxe) : “Houbo un antes e despois no partido, tralo choque antre Felipe e José Manuel. Felipe levou 15 puntos de sutura e José Manuel xa lle deron a alta, e a Felipe o venres xa lle sacaran os puntos e coido que xa estarán os dous para o encontro de volta. A verdade e que non estivemos a altura do encontro, a presión puidonos e estábanos fora de sitio e o Camelle levounos ao seu sitio, moito balón dividido e nese tipo de acción levábanos a de perder, e puxéronse por diaante, nun posible fora de xogo no centro dende a banda. Na segunda metade fixemos trocos pasando a Miguel Torres de dianteiro e Jacindto en defensa, para ter máis posición de balón, pero no 65 nun balón dividido con ventaxe para José Manuel e Felipe tamén quixo interceptar o balón e aconteceu a xogada clave do partido, pois ata non tíñamos moitos trocos, pois chagamos con 13 xogadores  e xa fixéramos un troco e só puidemos na segunda metade xogar con coraxe e tratamos de xogar con máis criterio e chegou o gol de Gora a balón parado r tivemos a balón parado un par de ocasións, unha de Gora e outra de Bieito pero é xustom o empate e imos o Rodeiro, pero penso que o Laxe xoga mellor fora que na casa. Non vexo un claro favorito, imos a ir ca afección e a busar o ascenso”.

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido no que se notaron os nervos por ambas partes o principio do partido, na primeira parte creo que a dominamos nós en ocasións claras e facendo o gol por obra de Tereso, en posición dubidosa. Na segunda parte empezaríamos chegando algo máis ca eles, e chegou a xogada clave do partido, eles quédanse con 10 por mor dun choque entre Jose e Felipe, que xa tiña realizados os cambios, a partires desa xogada eles viñéronse arriba con chegadas e ocasións claras, nós tamén as teríamos pero quedaríanse en nada gracias as boas accións da defensa, e casi acabando o partido empatarían no remate dun corner por medio de Gora. Nó tivemos a partires de aí duas ocasións máis pero quedáronse en nada. Xusto empate e queda todo para o Rodeiro no que sera un partido complicado e igualado. Desexarlle unha pronta recuperación a Jose e sobre todo a Felipe que levou a peor parte con 15 puntos de sutura”.

 

SD Laxe : Jacobo, Mikel, Pombo, Santi Casá, Iago Torres, Gora, Eloy, Miguel Torres, Bieito, Felipe e José Ángel. Tamén xogaron : Jacinto e Camafreita.

SD Camelle : David Caamaño, Domingo, Martinsiño, Santi “Maka”, Estiben, Sergio, Carlos de Dido, Carlos, Adrián Pasantes, David e Rodri. Tamén xogaron : Gabriel, Rubén, Mario, Ruso e Álvaro.

Árbitro : Manuel Castro, asistido nas bandas por Manuel Espasandín e Manuel Rodríguez. Amonestou polo Camelle a Santi “Maka”, Rubén e Ruso.

Goles : 0-1, Tereso, (23´); 1-1, Gora, (desconto).

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Fotos . Vicky Búa