1ª División Galega FemininaAlba marcou un dos goles bergantiñistas.
-18ª Xornada-
Orzán SD 1-5 Bergantiños FC
Golpe enriba da mesa das bergantiñanas que derrotaban con solvencia nun gran encontro ao equipo herculino que loita por todo cas de Carballo. Ademáis as rapazas de Gueli aproveitaban o empate do Sárdoma, lider da competición, para poñerse a 3 puntos. Carmen aos 12 minutos de xogo poñía por diante as bergantiñistas, nun golpe de contundencia Cruz e Blanca, en cuestión de un minuto, e pasada a media hora de xogo, poñíanlle as cousas moi difíciles as orzanistas.
A volta de vestiarios e con encontro controlado, Carmen repetía e sentenzaba o choque, que Alba finiquitaba pouco despois. Macarena no treito final facía o gol da honra das coruñesas.
Goles : 0-1, Carmen, (13´); 0-2, Cruz, (36´); 0-3, Blanca , (37´); 0-4, Carmen, (64´); 0-5, Alba, (73´); 1-5, Macarena, (79´).
Orzán SD : Yaiza, Nadia, Uxía, Daniela, Sara, Iria, Emma, Ivana, Macarena, Antía e Noelia. Tamén xogaron : Paula, Martina, Carlota, Candela, e Daniela.
Bergantiños FC : Ainhoa, Lara, Noelia, Cruz, Inés, Sara, Carmen, Alejandra, Laura Caamaño, Blanca e Sofía. Tamén xogaron : Alba, Isa, laura Muñíz, Valeria e Carla.
Proximo encontro
O Bergantiños recibe ó SDC y R Narón O Freixo, penúltimo clasificado con 10 puntos. O choque será o vindeiro Domingo 5 de Febreiro ás 16:30 horas, (se non hai troco), no “As Eiroas”. Na primeira volta o equipo bergantiñista goleaba as de Ferrolterra, (0-6), na 4ª xornada da liga 2022/23.
Clasificación
As carballesas suben a 3ª praza, (promoción de ascenso), con 40 puntos, a 2 do segundo CD Lugo, e a 3 do lider, Sárdoma CF “B”.
-Foto arquivo : Depart. Prensa Bergantiños FC
-Texto : piratasdemuxia