CRÓNICA : GOLPE ENRIBA DA MESA DO BERGANTIÑOS FEMININO QUE DERROTABA AO LUGO SEGUNDO CLASIFICADO, (3-1).

1ª División Galega Feminina

Once inicial do Bergan feminino ante o Lugo.

 

-25ª Xornada-

Bergantiños FC 3-1  CD Lugo

Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC Feminino) :  “Partido de poder a poder entre dous dos galos da categoría. Agardábase un encontro igualado e así foron os primeiros 45 min. Adiántábanse as nosas pronto ao rematar Eva un preciso saque de córner de Paredes. Seguían as vermellas cun ritmo alto e ata poderían aumentar a vantaxe, pero foi o Lugo quen aproveitou un fallo na saída do balón para empatar no min 30. De aí ao descanso non cambiou nada e seguiu a iguladade no marcador. Tralo paso polos vestiarios o Bergan saíu cunha intensidade maior co Lugo e aos 5 min. xa marcaba o Bergan dous goles, obra de Blanca e Trillo, en bonitas xogadas combinativas. Co 3-1 as nosas dedicáronse a controlar o partido e tiveron ocasións para aumentar a vantaxe, pero o marcador non se movería.
Bo resultado para ir ao parón de Semana Santa e cargar pilas para o partido contra o líder no seu feudo, o Sárdoma B”.

Bergantiños FC : Ainhoa, Noelia, Lara, Paula Sieira, Alba, Carmen, Alejandra, Blanca, Sofía, Laura Muñíz, e Paula Paredes. Tamén xogaron : Sara, Valeria, Carla e Sarai.

Goles : 1-0, Eva, (2´); 1-1, Candela, (31´); 2-1, Blanca, (48´); 3-1, Carmen, (50´).

Árbitro : David Cancela. Amonestou a Noelia do Bergantiños.

 

Proximo encontro

O Bergantiños visita no “As Eiroas” ao Sardoma CF B, 1º clasificado con 64 puntos, o Domingo 16 de Abril ás 17:00 horas, (se non hai troco). Na primeira volta o equipo bergantiñista caeu por 1-2 ante o Sardoma, na 11ª xornada da liga 2022/23. 

Clasificación

As carballesas continúa na 4ª praza, (promoción de ascenso), a 12 do lider, Sárdoma CF “B”, 5 do segundo que agora é o SD Orzán, e a 3 do Lugo, que pasa o terceiro tras caer ante as carballesas. Por detrás o Victoria FC B, que é o que loita cas de Gueli pola promoción que marcan as de Carballo, e está 6 puntos por detrás.

 

 

-Fotos : Depart. Prensa Bergantiños FC

-Texto e Montaxe encontros : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies