CRÓNICA : GOLEADA DO MUROS SOBRE O CAMARIÑAS, NO ÚNICO ENCONTRO ADIANTADO DA 20ª XORNADA DA LIGA DA COSTA.

 

 

CD Muros 4-1 Camariñas FC

Único encontro adiantado a xornada para o sábado, xogado no “Eleuterio Balayo” de Muros, con arredor de un cento de espectadores, e ca arbitraxe de Amine Alaoui.

Juan Manuel Luces, (Adestrador do CD Muros) : “Tres puntos moi importantes para nós contra un Camariñas que esta chamado a estar nos postos altos da clasificación, e para min ten o millor entrenador da categoría. Sairíamos nos primeiros 20 minutos moi enchufados e cunha intensidade moi alta, gozando dunha gran oportunidade de adiantarnos no marcador por medio de Xavi, que se iría fora. Pouco despois Pelos, nun segundo balón conseguía o 1-0. A partires de aí o Camariñas imprimiría un ritmo alto, con un xogo combinativo que nos obligaría a poñer o mono de traballo defensivo, e ca axuda de Ginky que estuvo a un gran nivel. Na segunda metade empataríannos nuha xogada de estratexia moi ben executada polos de Cabrejo. O equipo visitante dominaba o balón e nos intentábamos sair a contra, ata que Xavi conseguía meter o esferico na escadra. O Camariñas seguía apretándonos e tendo as suas ocasións, pero a contra mataríamos o partido”.

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Derrota merecida ante o Muros, que os goles que nos meten son erros infantís. Aproveitou as ocasións que lle demos e foi merecedor da vitoria sen nada que obxetar. 

 

CD Muros : Álvaro Ginky, Juan Rey, Ismael, Iván Caamaño, Pelos, Miguel, Xoaquín, Xabier, Álvaro González, Alonso e Alejandro. Tamén xogaron : Francisco, Ramón, Jesús, Daniel e Javier.

Camariñas FC : Jorge, Barreiro, Antonio, Yuyo, Mario Suárez, Pablo, Víctor, Roi, Daniel, Hugo e Óliver. Tamén xogaron : Djibril, Carlos, Brais e Manuel.

Goles : 1-0, Pelos, (11´); 1-1, Daniel, (59´); 2-1, Xabier, (66´); 3-1, Xabier, (74´); 4-1, Jesús, (90´).

Incidencias : O árbitro do partido, Amine Alaoui amosoulle amarelos a, Xoaquín e Miguel polos de Muros, e a Antonio, Mario Suárez, Pablo Novo e Roi, polos de Camariñas.

 

Axenda de todo o Fútbol da costa para esta fin de semana : PREME AQUÍ.

 

-Foto : Instagram Muros

-Texto : piratasdemuxia/adestradores