CRÓNICA FINAL DE TEMPADA : REMATOU A 3ª GALEGA FEMININA CON TODO O PEIXE VENDIDO E CON EQUIPOS PENSANDO MÁIS NA COPA.

 

Este pasado Domingo finalizou a 3ª Galega Feminina G2, coñecida nos nosos lares como a Liga da Costa Feminina debido a que 12 dos 15 equipos que a forman son dos nosos. É unha tempada que quedará para os anais do fútbol feminino costeiro. Unha tempada na que debutaban o Muxía, Mazaricos, (no fútbol 11), Escola de Fútbol de Camariñas “Juan Cabrejo”, (Corcubión, (en fútbol 11), Cabana, Fisterra e Outes. Unha tempada ilusionante na que a pesares de que moitas das rapazas nunca xogaran o fútbol de maneira oficial, ou de ningunha outra maneira, foron crecendo xornada tras xornada e dando un nivel excelente, tanto foi así que antre os equipos da cabeza  Dumbría, que acabou campión, Ponteceso e Corme, (levan 2 tempadas), o resto eran equipos debutantes.

Esta derradeira xornada chegou cos equipos con moitas xogadoras lesionadas en gran parte pola falla de costume e o competitiva que foi a liga, sumándolle o sobreesforzo da Copa coincidindo ca disputa da propia liga. Non había máis en xogo ca saber quenes serían as subcampionas da liga, mérito que recaeu sobre o Ponteceso en loita ata este derradeiro encontro cas veciñas do corme, ambas escadras noveles e cun Corme que liderou a liga en numerosas xornadas pero ao que lle pasou factura o igualada que estivo a parte de arriba. O empate das pontecesanas co Bergantiños B, (3-3), sumado a que as cormelanas descansaban deu de si un empate a 63 puntos na cabeza da táboa co golaveraxe a favor das da Terra de Pondal. Destacar nesta derradeira xornada de liga a vitoria do Outes, a primeira da tempada, e sen favoritismos ningúns, énchenos de satisfacción porque ningún equipo quedase sen saborear o premio da vitoria.

Non pasaron sen problemas de orgañización as rapazas por mor de sumar varios encontros en poucos días e as inclemencias do tempo para xogadoras que se están facendo, e agora esto deu en que o Corme decidise renunciar a promoción de ascenso, pasándolle o testigo ao Muxía, que tamén foi un dos grandes animadores da competición liderándoa en moitas xornadas, pero as muxianas as que se lles fixo longo o final de liga por mor das lesións, tamén decidían renunciar a promoción de ascenso, pasándolle o testigo o Mazaricos, que nos mesmos termos e problemas cedíanllo o seguinte, o Bergantiños B, que sí irá a promoción xunto co Ponteceso para tratra de ascender a 2º Galega, si o ven convinte.

Agora este vindeiro Domingo chegan as semifinais da Copa da Costa, a cuarta que orgañiza a RFGF, pero que parece que sexa a primeira, xa que deu moitos quebradeiros de cabeza os equipos. O Dumbría recibe no Municipal do Conco o EFC Camariñas “Juan Cabrejo” a partires das 19:30 horas, namentras que na outra parte o Corme recibe no “O Cairo”, ao Xallas, dende ás 17:00 horas. este será un encontro de dobre volta, pois agora xa se xoga a dobre partido, para saber quenes estarán na Gran Final do día 2 de xuño, (ou eso supoñemos).

A nosa noraboa a tódolos equipos da costa que formaron esta histórica tempada e que fará que siga crecendo o fútbol feminino e queden atrás os tempos nos que as rapazas con inquetudes futbolísticas tuiñan que deixar o deporte que lles gustaba o chegar a idade infantil e abandoalo ou enrolarse en equipos de futsal.

A vindeira tempada nesta liga haberá que sumar o Miúdas. O Cee e o Xallas, estamos a espera de saber se están salvados se van ou non a loita pola permanenza na 2ª Galega, (se non está errada a clasificación da app da RFGF, que parece ser que si), e hai que sumar xa fixo o Esteirana que voltará despois de ser un dos pioneiros do fútbol feminino da costa anos atrás.

Agradecer inmensamente a colaboración de tódolos adestradores cos seus comentarios, axudas informativas, corrección de erros, e por medio de fotos, así coma de afeccionados e diretivos, por todo o axudado nesta tempada para que as nosas crónicas puidesen chegar cada semana aos milleiros de seguidores da nosa web. Unhas veces achegámosvos crónicas e información máis recatada e outras, Tamén temos que sacar peito), mellor ca ninguén dos que levaron esta liga, pero imos a ser repetitivos, nunca seríamos capaces sen a axuda de todos, pois como sabedes esta é unha web caseira feita por un mariñeiro e cando o reloxo para un pouco….Gracias a todos.

 

 

 

Patri Romaní do CF Muxía foi a máxima goleadora da tempada con 37 goles en 24 encontros, cunha media de 1´54 tantos por encontro. Tódolos seus goles foron de xogada. No que se refire a equipos o máis goleador foi o CF Dumbría con 117 goles nos 28 encontros disputados, sendo ademáis o equipo dumbriés o menos goleado con tan só 13 recibidos, 14 menos co segundo que foi o Corme CF. As dumbriesas sumaron 73 puntos de 23 encontros gañados, 4 empatados e tan só 1 perdido. O equipo que máis tempo estivo invicto foi o Corme CF, que estivo 25 xornadas sen coñecer a derrota, ata que na 26ª caía ante o veciño Ponteceso SD por 0-3. Estivo sen perder do 24 de Setembro de 2023, ata o 21 de Abril do 2024.

 

 

-Foto e Texto . Xosé Búa “Pirata”