Intre da saida o Pinguel por parte dos dous equipos e os árbitros.
Ponteceso SD 0-0 UDJ Almeira
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD Feminino) : “Partido de iguales no Pinguel, ambos equipos segundos nos seus respectivos grupos da Terceira Galicia que buscan gañar estes partidos e ter a posibilidade do vindeiro ano xogar nunha categoría máis alta.
Ambos equipos loitaron por poñer o seu equipo por encima do marcador. As visitantes facendo uso da garra que as caracteriza e as pontecesanas igualando a forza e empregando a velocidade que teñen. Non houbo moitas oportunidades a destacar. Na primeira parte Oanes tivo a oportunidade de poñer o seu equipo por encima pero o balón tras dar no pau só se pasearía por diante da portería.
Na segunda parte o Almeiras tamén tivo a súa nunha falta que acabaría tocando no largueiro que desviaría o tiro , metras que as Pontecesáns tiveron un remate de cabeza de Myre que saíu rozando a escadra visitante .
O partido finaliza en táboas polo que se decidirá todo no partido de volta esta semana en Almeiras, de novo partido complicado que para poñer a fin a temporada, veremos si pode ser noutra categoría distinta”.
Ponteceso SD : María, Noe, Myre, Ainhoa, Berdeal, Oanes, Eva, Muíño, Silvia, Noemí, e Claudia. Tamén xogaron : Saray, Lara, Lucía e Laura.
UDJ Almeira : Andrea, Gabriela, Itziar, Mª del Carmen, Claudia, Carla, Míriam, Ayumi, Naira e Norma. Tamén xogaron : Sarai e Marta.
Goles : 0-0
O trío arbitral cas capitanas, Itziar, (esq), e Eva Carril.
Árbitro : Alberto Pombo Parga, auspiciado nas bandas por Andrea Barbeira e Tomás Garrido. Amonestou a visitante, Norma.
Incidencias : Encontro da ida das finais polo ascenso a 2ª Galega Feminina G1, xogado o Domingo 9 de Xuño do 2024 desde ás 18:00 horas, no Municipal “O Pinguel”, (Ponteceso), no que houbo un gran ambente. Nos prolegómenos do encontro gardouse un sentido minuto de silencio na memoria e honra do tristemente desaparecido, Mazás, (D.E.P). Xogador que fora porteiro nos dous clubes.
CD Lugo 2-0 Lóstrego CF
Na outra final polo ascenso a 2ª Galega Feminina o CD Lugo collía ventaxe na eliminatoria gracias a dous goles antes da media hora de xogo. O primeiro de Ánxela aos 12 minutos de xogo e o segundo por medio de Xiana no 23.
-Fotos e comentario : Marcos “Curro”
-Texto : Xosé Búa “Pirata”