PREFERENTE GALICIA FEMININA
Adriana, (der) e Paula Fandiño nun intre do encontro.
Fisober FSF 3-3 FS Cidade de Pontevedra
FISOBER: Sharay, Patri, Adriana, Paula Fandiño, Ana, (Cinco inicial), Lucía Martínez, Uxía, Saray, Barca, Nuriña.
CIDADE DE PONTEVEDRA: María, Leti, Heba, Tamara, Ana, (Cinco inicial), Allyson, Sandra, Marta.
ÁRBITROS: Saúl Cabo, Carlos González.
GOLES: 0-1 min 4 Heba, 1-1 min 15 Adriana, 2-1 min 20 Saray, ( descanso), 2-2 min 26 Allyson, 3-2 min 34 Paula Fandiño, 3-3 min 40 Tamara.
INCIDENCIAS : Partido correspondente a 28 xornada de Liga Autonómica- Preferente Galicia disputado na noite do venres nas ID de O Conco en Dumbría.
Sharay bloca un balón ante unha rival.
CRÓNICA
O Fisober deixouse na noite do venres moitas das sáus opcións de título recibindo un gol nos últimos segundos do partido o que o deixa a expensas dunha derrota do Meigas e que as costeiras non se deixen máis puntos nas últimas dúas xornadas.
Chegaba a Dumbría un sempre difícil rival coma o Cidade equipo de multiples enfrontamentos fronte as costeiras tanto en Liga Autonómica coma en Nacional xa que coincidiron tanto en ascensos coma en descensos, e un dos equipos que partía coma favoritos ao título con xogadoras de moito nivel. Ambos equipos eran conscientes da importancia do partido e moi concentrados. Pero o primeiro que deu un paso foi o visitante xa que aos catro minutos era a visitante Heba a que adiantaba as das terras do Lérez.
O gol provocou algo de ansiedade nas locais sabedoras que debían remontar para seguir na puxa pola Liga.
Foron pasando os minutos e as locais dando chanzos cara adiante pouco a pouco. Así mentras caía a área no reloxo foi Adriana a que aproveitou unha combinación para facer a igualada no minuto quince. Colleron folgos as de Fran Toba na busca de rematar a remonta nesta primeira metade e así foi cando case encaraban o túnel de vestiarios foi Saray a que marcou o segundo gol local e puxo por diante ao Fisober.
Co dous a un chegouse ó tempo de lecer.
A volta de vestiarios ambos equipos seguiron ao seu na busca de mellorar o seu resultado. Pasaban os minutos pero nada trocaba ata que Allyson no minuto 26 de novo poñía as táboas no electrónico. Outra vez as costeiras ca espada de Damokles sobre elas na busca de poñerse por diante. Apretaron os dentes e déronlle un pulo máis ó partido.
Pasaban os minutos e as costeiras non eran quen de darlle a volta ó electrónico.
Pero no minuto 34 todo mudaba e foi Paula Fandiño a que marcaba o tres a dous e poñía de novo por diante as locais.
Tocaba sudar para manter o resultado e o triunfo. E cando todo parecía feito, dentro dos últimos segundos un gol de Tamara deixaba frías as locais e os siareiros que vían como se marchaban dous puntos das mans.
Agora toca esperar unha derrota do Meigas e non voltar a errar.
A vindeira xornada toca visitar ao terceiro clasificado o Terra de Celanova, unha das pistas nas que perdeu o Meigas o que mostra a dificultade do rival.
-Foto e Texto : Prensa Fisober FSF