CRÓNICA E RESULTADOS : “VITORIA DOS EQUIPOS DA COSTA NA 1ª NACIONAL E NA 1ª GALEGA DE TENIS DE MESA”.

O AD Zas, (der.), depende de si mesmo para gañar a  liga.

 

-RESULTADOS-
.
.
1ª DIVISIÓN NACIONAL
Arteal Compostela 2-AD Zas Ponciano Nieto   0-4
.
.
1ª DIVISIÓN GALEGA
VTM Pinturas Figueiras-Oroso TM Mesón Tambre  4-1
.
.
O dobres caían do lado dos costeiros, (azuis), por 3-2.

.

.

Fantástico partido do AD Zas Ponciano Nieto na 3ª División Nacional de Tenis de Mesa fronte a un dos mellores equipos da liga como é o Arteal Compostela 2 por un contundente 4-0. O partido comezaba coa victoria de Raúl López por 3-1 sobre Alfredo Varela nun partido no que o zasense marabillou dando mostra da súa progresión nesta tempada.

.
.
O segundo partido disputouno o xogador número 1 do equipo zasense, Roi Sixto, que non dou opción contra un dos mellores xogadores da categoría como é Pablo Roo, vencendoo por un contundente 3-0. Salía no terceiro encontro o xogador-adestrador Miguel Rey que vencía por 3-1 a Julio Silva. No partido de dobles o AD Zas Ponciano Nieto cerraba o partido gañando por un axustado 3-2.
.
.
Con esta victoria o equipo zasense segue co-lider na clasificación e dependendo de si mesmo para gañar a liga e conseguir o ansiado ascenso á 2ª División Nacional.
.
.
-Fotos : Stevo Zas
-Texto : Miguel Rey
.
.