CRÓNICA E RESULTADOS : “VITORIA DO EQUIPO DO AD ZAS MASCULINO DA 3ª NACIONAL DE TENIS DE MESA E DERROTA DO FEMININO DA 2ª NACIONAL”.

3ª División Nacional

Chinelas – AD Zas Ponciano Nieto 1-4

2ª División Nacional Femenina
AD Zas Femenino – CTM Mos 0-3
AD Zas Femenino – Monte Porreiro 3-0
AD Zas Femenino – Cinania TM 0-3

 

 

Victoria do AD Zas Ponciano Nieto na 2ª División Nacional de tenis de mesa por 4 a 1 fronte a Chinelas de Cambados.
O equipo zasense cun xogo moi sólido conseguiu vencer en Cambados con 2 puntos de Miguel Rey, 1 de Raúl López e 1 de Adrián Levoso, xogador que debutaba no equipo e lograba un importante punto frente ao mellor xogador de Cambados.

Para a vindeira xornada o equipo zasense enfrontarase ao Arteal Compostela 3 no encontro que pode decidir quen rematará como campión de liga. Ambos conxuntos lideran a clasificación con 28 puntos a falta de 3 xornadas para o remate da competición.

 

 

E na 2ª Femenina so unha victoria que non empaña a boa temporada que estan a xogar todas as xogadoras, e o mais importante que estan a coller ánimos para seguir mellorando e competindo.

 

-Próximos compromisos-

3ª División Nacional Grupo Centro 

4 de marzo ás 17:00 horas en San Lázaro, Santiago

Arteal Compostela 3 – AD Zas Ponciano Nieto

 

1ª División Galega Grupo Centro

Ás 16:30 horas no Pavillon de Vite, Santiago
Zoolandia Conxo Ponte de Ferro – VTM Pinturas Figueiras

-Foto e Texto : Stevo Zas