O Negreira desarbolou o Baio en 11 minutos.
Aquí vos deixamos os resultados dos equipos da costa na Preferente e na 1ª Galicia que se xogaron tal como vos informamos na previa este pasado Domingo da Barca. Tres vitorias , un empate e unha derrota para os equipos costeiros neste inicio de liga. Na Preferente o Sofán deixaba escapar nun minuto un resultado favorable de 3-1, para empatárenlle o encontro. Na 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago o Baio saía mal o encontro e en 11 minutos xa perdía 3-0, o San Lorenzo sufría o final nun encontro que tiña totalmente controlado e a piques estivo de perder o gañado. O Fisterra gañaba cun tanto do xove Isaac Fábregas e no derbi a Esteirana remontáballe dous goles ao Dumbría na casa.
PREFERENTE NORTE
SD Sofán 3-3 San Tirso SD
Goles : 0-1, Brandaríz, (8´); 1-1 Javier Souto, (14´); 2-1, Javier Souto, (52´); 3-1, Martín, (60´); 3-2, Carlos Díaz, (78´); 3-3, Iago, (79´).
1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO
SD Negreira 4-0 CD Baio
Goles : 1-0, Juan Diego, (5´); 2-0 Alberto, (6´); 3-0, Juan, (11´); 4-0, Chrístian, (87´de penalti).
SD San Lorenzo 4-3 SD Valiño
Goles : 1-0, Juan, (14´); 2-0 Iago, (35´); 2-1, Eloy, (59´); 3-1, Jairo, (62´); 4-1, Jairo, (71´); 4-2, Carlos, (75´); 4-3, Dani Silva, (81´de penalti).
SD Fisterra 1-0 Bertamiráns FC
Goles : 1-0, Isaac Fábregas, (42´).
CF Dumbría 2-3 SCDR Esteirana
Goles : 1-0, Xian, (34´); 2-0 Lucas Toba, (51´); 2-1, Carlos Rama, (56´); 2-2, Elías, (59´); 3-2, Oli, (desconto).
-Foto : Luis González
-Texto : Xosé Búa “Pirata”