CRÓNICA E RESULTADOS DE TODO O FÚTBOL DA COSTA MASCULINO, FEMININO E VETERANOS NUN SÓ “CLICK”.

 

Na 3ª da Costa, o Porteño celebrou cos seus o ascenso a Liga da Costa acadado a semana pasada, pero o Camelle non fixo de combidado de pedra e nu campo da Grixa abarrotado levouse os 3 puntos e asinou a promoción. Unha promoción da que cae o Lira tras non pasar do empate e o seu posto ocúpao o Laxe, en ascendencia dende fai semanas. O Porteño segue lider por golaveraxe co Baiñas, ambos con 58 puntos. Os de Baiñas co trunfo sobre o Pereiriña xa son novo equipo da liga da Costa 2023/24.

Na Liga da Costa o lider San Lorenzo gañaba o sábado e poñíalle presión ao Corme e Muxía, segundo e terceiro respectivamente. Os cormeláns caían sorpresibamente ante o Coristanco e fan que se lle escapen os de Berdillo a 5 puntos. A derrota do Castriz ante os berdilleses pon a loita pola promoción máis “light” e parece difícil que se lle escape a Corme e Muxía, ainda que quedan por disputar 18 puntos.

Na 1ª Galicia G2 ACosta/Santiago, empate no derbi antre Baio e Soneira, vitoria importnate do Esteirana e do Dumbría, empate do Xallas e unha nova derrota do Mazaricos que segue en caida libre.

En Preferente, primeira vitoria do campionato para o Fisterra que derrotaba por 0-2 ao SD O Pino e que lle vale aos fisterráns para abandoar o posto de colista que tantas semanas atesouraron. Todo un premio para os rapaces que están a vivir unha tempada moi dura. pola sua banda o Sofán empataba co Galicia de Mugardos, (1-1), nun choque no que Parafita rescataba un punto no minuto 84.

Nas Ligas Femininas na 1ª División Galega derrota do Bergantiños inesperada. Na 2ª División Galega no Grupo 2 só puntuou o Cerqueda en troques no Grupo 4 tan só perdía o Mazaricos. En Fútbol 7 o Corcubión goleaba a domicilio..

-Nos Veteranos da Costa, o Arasolis ao final xogou trala tempestade da semana pasada. Presentouse con 13 xogadores, pois tiña moitas baixas por sanción e de todos modos goleou. Segue aberta a loita polo ascenso en ambas ligas pero na 1ª Galicia acláraselle o camiño o Oza tralo empate do Razo.

 

 

 

 

 

 

 

-Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies