.
.
3ª DIVISIÓN NACIONAL
CDTM Top Spin A Estrada – AD Zas Ponciano Nieto 1-4
.
1ª GALEGA
VTM Pinturas Figueiras – Arteal Compostela 4 4-1
.
2ª GALEGA
Cambre Anceis – AD Zas Cafetería Talladas 4-1
Cambre Anceis – AD Zas O Pinar 4-3
.
.
Empezou a segunda volta nas ligas galegas de tenis de mesa e con bos resultados para o AD Zas Ponciano Nieto en terceira nacional e Pinturas Figueiras en primeira galega. En segunda galega os dous equipos de Zas non foron quen de gañar no seu desprazamento a Cambre. Coa súa victoria o AD Zas Ponciano Nieto segue a manterse no primeiro posto da táboa empatado co Arteal Compostela 3. Pola súa parte o Pinturas Figueiras afianzase na parte media alta do seu grupo e o AD Zas O Pinar, a pesar da derrota, non perde opcións de cara a clasificación pois outros resultados favorecen que os primeiros postos sigan igualados.
.
.
No encontro xogado na sala Gradín de A Estrada o AD Zas Ponciano Nieto encontrou mais dificultades das esperadas, pois o dobre xogado por Miki e Roi e o ultimo individual de Roi gañaronos por un apretado 3-2, ainda que os locais nunca tiveron opción de victoria en ningún dos dous partidos. Sorprendeu no primeiro partido Lázaro (fichaxe cubano dos de A Estrada) a Raúl e a pesar de que este reaccionou no 3º set non foi capaz de gañalo e así ter opción dunha remontada. Nos seguintes partidos tanto Roi coma Miki impuxeron a súa calidade a pesar de ceder un set cada un mais por relaxación que por xogo. Logo os xa comentados dobre e ultimo individual donde a clase de Roi Sixto e a templanza de Miki foron suficientes para levarse o encontro. Seguen así os zasences no mais alto da táboa e coas miras postas no ascenso de categoría.
.
.
En primeira galega victoria clara dos soneiráns do Pinturas Figueiras ante un Arteal Compostela 4 que se desprazou cos xovenes da súa canteira. Tanto Julio coma Paco non se deixaron sorprender e manteñen ao equipo nos postos altos da táboa clasificatoria do seu grupo.
.
.
E, en segunda galega dúas derrotas dos equipos de Zas no seu desprazamento a Cambre donde o xovenes do AD Zas Cafeteria Talladas demostraron a súa melloría pero insuficiente para apretar aos locais. Os que sí tiveron opción foron os de AD Zas O Pinar pois Paulo Navarro dispuxo de tres bolas para gañar o partido a Lorenzo o que lle daria a victoría final ao equipo, non foi así e no último Pontigo superou claramente a José A. Pazos.
.
.
RESULTADOS PARCIAIS
.
.
3ª DIVISIÓN NACIONAL
CDTM Top Spin – AD Zas Ponciano Nieto 1-4
Lázaro Álvarez – Raúl López 3-0
Diego Porto – Roi Sixto 1-3
J. Ramón Ramos – Miguel Rey 1-3
dobres (Lázaro/Ramón) – (Roi/Miki) 2-3
Lázro Álvarez – Roi Sixto 2-3
.
.
1ª GALEGA
VTM Pinturas Figueiras – Arteal Compostela 4
Julio Figueiras – Dani Montes 3-1
Nico Paz – Berto García 0-3
Fco Paz – Gonzalo García 3-0
dobre (Fco/Julio) – (Dani/Berto) 3-0
Julio Figueiras – Berto García 3-0
.
.
2ª GALEGA
Cambre Anceis – AD Zas Cafetería Talladas 4-1
Dani Zas – Enrique Mallón 3-1
Lorenzo Saavedra – Manuel Negreira 3-0
Gonzalo Ramos – Valentín Negreira 2-3
Dobre (Dani/Lorenzo) – (Enrique/Valentín) 3-1
Lorenzo Saavedra – Enrique Mallón 3-0
.
.
Cambre Anceis – AD Zas O Pinar 4-3
Dani Zas – Paulo Navarro 1-3
Lorenzo Saavedra – José A. Pazos 3-0
José Fdez Pontigo – Esteban Lema 0-3
dobre (Dani/Lorenzo) – (Paulo/Pazos) 3-2
Lorenzo Saavedra – Paulo Navarro 3-2
Dani Zas – Esteban Lema 1-3
José Fdez Pontigo – José A. Pazos 3-0
.
.
-Foto e Texto : Stevo Zas