Crónica e resultados da xornada e previa dos vindeiros compromisos

Dobre de A Baña-Narón na concentración da 2ª Nacional Feminina.

-Crónica e resultados da xornada e previa dos vindeiros compromisos-
-Equipos da Costa da Morte-

 
Tremenda foi a pasada xornada, tal e como vos apuntábamos na previa, con grande cantidade de encontros e ca concentración da 2ª Nacional Feminina, na Baña, que gozou de deporte, gastronomía, confraternidade e divertimento para tódalas participantes. Aquí tes todo o que deu de sí a pasada xornada no Tenis de mesa con equipos da Costa da morte involucrados. Tódalas crónicas, resultados e previas da man de Stevo Zas para www.piratasdemuxia.es.
VTM Pinturas Figueiras-RC A Estrada.
 
Resultados

2ª división nacional Femenina, 

AD Zas Cafeteria Talladas – Naron  3-0

Concello Mazaricos – Vilalba            3-1      

SD A Baña –  San Xoan                  2-3

AD Zas Cafeteria Talladas – Club Del Mar  1-3

Concello Mazaricos – Narón            0-3

SD A Baña – Vilalba                          3-0

AD Zas Cafeteria Talladas – San Xoan  3-2

Concello Mazaricos – Club Del Mar    0-3

SD A Baña – Narón                             3-1

AD Zas Cafetería Talladas – Vilalba    3-0

Concello Mazaricos – San Xoan          0-3

SD A Baña – Club Del Mar                   0-3

2ª división nacional masculina

Cafetería Vilariño – AD Zas Ponciano Nieto  3-4
 
3ª división nacional masculina
Concello Mazaricos –  Dez Portas    4-1
2ª división galega 
Finisterre Sphera – AD Zas O Pinar   4-0

 Finisterre Deseñarte – AD Zas O Pinar  3-4

 VTM Pinturas Figueiras – RC A Estrada  3-4

 
 
Xornada moi positiva para os equipos de tenis de mesa con maioria de victorias, algunhas moi esperadas e necesitadas, outras de sorpresa e tamén outras que xa se previan. A maior sorpresa estivo a cargo de A D Zas O Pinar que derrotou a domivcilio ao lider do grupo, logo tamén de sorpresa podemos considerar a victoria de Concello Mazaricos a un dos equipos potentes do grupo, o Dez Portas de Lugo, despois xa se esperaban as victorias de AD Zas Ponciano Nieto na casa do colista e que foi con mais apuros dos previstos. Tamén se esperaban as victorias en segunda femenina e tamén alguna derrota e de derrota sorpresa foi a do VTM Pinturas Figueiras, que van comprobando que non se poden fiar de ninguén.
 
 
 
Resultados paciais de cada encontro

Xantar de confraternidade na concentración feminina.

2ª división nacional Femenina

AD Zas Cafeteria Talladas – Naron  3-0
Tatiana Recarey – Paula García  3-1
Lara Romero – Ana Abad             3-0
Dobre(Lara/Tatiana) – (Ana/Paula)  3-0
 
Concello Mazaricos – Vilalba       3-1  
Mariña Suárez – Marta García            3-0
Sara Fernández – Nerea Ramudo      2-3
Dobre (Sara/Mariña) – (Nerea/Marta) 3-0
Mariña Suárez – Nerea Ramudo         3-0
 
SD A Baña –  San Xoan        2-3
Alba Pérez – Ángela Lestayo           3-1
Zaira Blanco – IreneFernández        0-3
Dobre (Zaira/Alba) – (Irene/Ängela) 3-1
Alba Pérez – Irene Fernández         1-3
Zaira Blanco – ñAngela Lestayo      2-3
 
AD Zas Cafeteria Talladas – Club Del Mar  1-3
Tatiana Recarey -Miao Chen          0-3
Lara Romero – Jiaqi guo chen        3-1
Dobre (Lara/Tatiana) – (Miao/Ada) 1-3
Lara Romero – Miao Chen              1-3
 
Concello Mazaricos – Narón     0-3
Mariña Suárez – Paula García 1-3
Sara Fernández – Ana Abad     0-3
Dobre (Sara/Mariña) – (Ana/Paula) 0-3
 
SD A Baña – Vilalba    3-0
Alba Pérez –  Marta García    3-0
Zaira Blanco – Nerea Ramudo 3-1
Dobre (Zaira/Alba) – (Nerea/Marta) 3-0
 
AD Zas Cafeteria Talladas – San Xoan      3-2
Tatiana Recarey -Ángela Lestayo      3-1
Lara Romero –  Irene Fernández        2-3
Dobre (Lara/Tatiana) – (ängela/Irene) 1-3
Tatiana Recarey – Irene Fernández    3-0
Lara Romero –  Ángela Lestayo          3-1

 

Concello Mazaricos – Club Del Mar    0-3
Mariña Suárez – Ada Fernández   0-3
Sara Fernández – Jiaqi Guo Chen 1-3
Dobre (Sara/Mariña) – (Jiaqi/Ada)  0-3

 

SD A Baña – Narón     3-1
Alba Pérez – Ana Abad                 3-1
Zaira Blanco – Paula García         0-3
Dobre (Zaira/Alba) – (Paula/Ana)  3-1

Alba Pérez – Paula García            3-1

 
AD Zas Cafetería Talladas – Vilalba    3-0
Tatiana Recarey – Marta García    3-0
Lara Romero –   Nerea Ramudo    3-0
Dobre (Lara/Tatiana) – (Marta/Nerea) 3-0

 

Concello Mazaricos – San Xoan      0-3
Mariña Suárez – Ángela Lestayo            1-3
Sara Fernández – Irene Fernández        0-3
Dobre (Sara/Mariña) – (Irene/Ángela)     1-3

 

SD A Baña – Club Del Mar    0-3
Alba Pérez – Jaiqi Guo Chen        2-3
Zaira Blanco – Miao Chen             0-3
Dobre (Zaira/Alba) – (Jiaqi/Miao)  2-3
Gran ambiente deportivo o que se viviu durante todo o día no ximnasio de A Baña, deportivo e de confraternidade pois coma sempre todas as xogadoras van comer xuntas e nesta ocasión tamén acompañaron os árbitros, donde aproveitaron para comentar e compartir todas as vivencias deste deporte. Parece que os resultados son o de menos pero para as xogadoras non o son e poñenlle todo o seu interés en cada partido. Así acaban a xornada moi cansadas pero con ganas de vivir outra xornada coma esta. En canto ao estrictamente competitivo resaltar a igualdade en vario encontros, sobre todo nos disputados por AD Zas Cafeteria Talladas e SD A Baña contra Club del Mar e San Xoan. O deporte femenino está a despegar na comarca e as xogadoras do tenis de mesa tamén poñen o seu gran para que aumente. Esperemos que non decaiga.

Houbo “Indoorwall” para o divertimento das participantes.

2ª división nacional masculina

Cafetería Vilariño – AD Zas Ponciano Nieto  3-4

Serafin Barreiro – Brais Blanco             3-2

Enrique Barreiro – Edu Quintela           1-3

Benito Iglesias – Javi Rodríguez           3-1

Serafin Barreiro – Edu Quintela            1-3

Benito Iglesias – Brais Blanco               2-3

Enrique Barreiro – Javi Rodríguez         3-0

Dobre (Serafín/Enrique) – (Brais/Edu)  1-3

duelo de colistas do grupo e que nada poden facer para salvar a categoría, preveiase igualado e así foi resolvendose no partido de dobres, se nos acordamos do encontro de ida coa victoria clara de AD Zas Ponciano Nieto comprobamos que non é o mesmo xogar na casa que fora, cambian a mesa, o chan, a pelota e moitas circunstancias a veces intanxibles pero que afectan ao rendimento do xogador..Moi ben Edu Quintela gañando os tres partidos nos que xogou, cumpliu Brais Blanco ao que se lle escapou o primeiro partido por moi pouco. E, darlle as grazas a Javi Rodríguez por acudir a pesar de ser chamado a última hora, actitude de compromiso que non falta neste xogador, e., co tempo daralle resultados positivos.

3ª división nacional masculina

Concello Mazaricos –  Dez Portas      4-1

José A. Lado – Xabi Carricoba     3-1

Miguel Rey – Hugo Becerra         3-2

Alex Blanco – Álvaro Sánchez     3-0

dobre (Miki/David) – (HugoÁlvaro) 2-3

Miguel Rey – Xabi Cariicoba          3-0

Gran victoria a do Concello de Mazaricose ante un rival dos postos altos do grupo, se gañase este encontro tiñan moitas posibilidades de ser campións do grupo. Compróbase que é un grupo moi igualado, non olvidemos que con esta victoria o Concello de Mazaricos gañoulle aos dous primeiros clasificados do grupo e perdeu cos últimos. E que a falta de 3 xornadas hai seis equipos que poden ocupar as dúas prazas pendentes para o descenso. Os de Mazaricos son os que máis fácil o teñen, esperabamos que esta victoria lles dese a permanencia matemática pero os resultados non acompañaron para que asi fose, pois enfrentanse a tres equipos co mesmo problema. Miguel Rey está moi contento de como están xogando todos e encontrase moi confiado, incluso de conseguir gañar os tres encontros, o próximo será o mais dificil, pero cando hai tanta igualdade, dificiles son todos. Para resaltar aalgún xogador é complicdo pois todos están a gran nivel, pero destacaremos a recupración de José Ángel Lado despois de pasar mais dun mes renqueante. Alex segue co seu nivel e Davidcumple moi ben nos dobres. Comprobamos como Miguel Rey volveu a ser determinante ao gañar todos os partidos que xogou. NOraboa Mazaricos.

2ª división galega 

Finisterre Sphera – AD Zas O Pinar   4-0

Nerea González – Manuel Barreira   3-0

Manuel Carrasco – Laura García       3-1

Cristian Vilar – Adrián Levoso            3-0

Dobre(Manuel/Cristian) – (Adrián/Laura) 3-0

 Finisterre Deseñarte – AD Zas O Pinar  3-4

Miguel Canedo – Adrián Levoso  1-3

David Canedo – Manuel Barreira 3-0

Pablo Sánchez – Laura García    0-3

Dobre (Miguel/David) – (Manuel/Adrián) 3-0

David Canedo – Adián Levoso       3-0

Miguel Canedo – Laura García      0-3

Pablo Sánchez – Manuel Barreira  2-3

 VTM Pinturas Figueiras – RC A Estrada  3-4

Brais Touriñan – Tomás Valín       1-3

Julio Fogueiras – Enrique Marín    3-0

Nicolás Paz – Álvaro Aido             2-3

Dobre (Paco/Julio) – Tomás/Álvaro) 3-0

Julio Figueiras – Tomás Valín         1-3

Brais Touriñan – Álvaro Aido           3-1

Nicolás Paz  – Enrique Marín         2-3

Duas sorpresas nos depparou esta xornada, unha moi positiva, a vicotria na cas do lider por parte de AD Zas O PInar e a outr negativa, ao ser sorprendido VTM Pinturas Figueiras polo RC A Estrada. No primeiro caso, com nada tiñan que perder os xogadores zasences xogaron libres de presión e responderon as maravillas, con moitos nervios no último partido e que escaparon ao acabar con victoria. Os de Vimianzo sairon confiados e cando quixeron reaccionar xa quedaron atenazados polos propios nervios de non ser capaces de resolver a situación. Noraboa a AD Zas O Pinar  que van sempre coa moral moi alta e con moitas ganas a cada partido. E, cura de humildade para o VTM Pinturas Figueiras. Todo serve para aprender.

-Vindeiros compromisos-

Solo 5 encontros para a vindeira xornada e parece que é unha xornada de relax, ainda que non o sexa, dada a cantidade deles que se disputaron nas anteriores. Todos teñen a súa importancia.

Sábado 16 de marzo

3ª división nacional,

En Ferrol

17’00 h. San Xoan TM – Concello de Mazaricos

1ª división galega

No ximnasio do CPI de Zas

17’00 h. AD Zas Construcciones Cernadas – Arteal Ventanas B

2ª división galega

16’00 h. AD Zas Dimobel Bazar Baio – Arteal Promesas

17’00 hVTM Pinturas Figueiras – Club del Mar Infantil

18’00 h. AD Zas O Pînar – Arteal Promesas.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies