As fisoberistas levanataron a cuarta copa da tempada.
Fisober FSF 1-0 Futsal Paulo Roberto
Pavillón Municipal “O Conco” (Dumbría)
08/06/2025
Un fito histórico para o deporte da Costa da Morte e de Galicia o que ven de acadar o Fisober FSF alevín, proclamouse este Domingo Campión de España Sub-12 de Fútbol Sala Feminino, coroando unha tempada inesquecible cun triunfo por 1-0 fronte ao potente Futsal Paulo Roberto, campioas murcianas. O escenario, o Pavillón Municipal “O Conco” de Dumbría, converteuse nun caldeiro con máis de 600 afeccionados, nun ambiente que quedará gravado na memoria do deporte base galego.
Unha final igualada e trepidante
O partido comezou cun ritmo contido, onde ambos equipos evitaron erros e buscaron manter o control. O Fisober chegaba con máis frecuencia, aínda que sen demasiado perigo nos primeiros minutos. A primeira gran ocasión foi murciana, un potente disparo obrigou a Jimena a intervir con seguridade.
Pero a partir dese momento, as ocasións sucedéronse a ambos lados. Unha dobre oportunidade primeiro Martina Fernández estoupou o balón no traveseiro e logo o rexeite mandárono ao poste, (máis abaixo o vídeo da xogada), avisaba do perigo constante das locais. A primeira parte rematou co susto dunha falta a favor das murcianas no último segundo, que se foi alta.
Martina Fernández facía o seu 3º gol da “Final Four”.
O gol da vitoria, sinónimo de título
Na segunda metade, Fisober saíu decidida a polo partido con moita presión e gañando balóns divididos pola intensidade. Un novo balón ao traveseiro foi o prólogo do gol que daría a vitoria. Transcurría o minuto 8 deste segundo periodo e aparecía Martina Fernández, protagonista ao longo do torneo, que que era un quebradeiro de cabeza para as do Paulo Roberto pola banda dereita fisoberista fixo unha xogada de xenio, escapou po esa banda, asociouse cunha compañeira e tras driblar á defensora, sacou un disparo potente que acabou no fondo da rede. E mandou o delirio a grada que explotaba de xúbilo, namentras que na banda murciana saltaban os berros de áinmos as suas : “Si se puede!!!”.
As murcianas tentaron reaccionar, pero Fisober non se descompuxo e mesmo rozou o segundo gol en varias contras. A defensa galega estivo firme e Jimena volveu responder cando foi necesario, selando un triunfo tan merecido como histórico.
Campioas absolutas : un póker de títulos
Con este trofeo nacional, o Fisober FSF Sub-12 culmina unha tempada a 2024/25 perfecta na que conquistaron:
🏆 Campionato Provincial
🏆 Campionato Galego
🏆 Copa Galicia
🏆 Campionato de España
Un “póker” de títulos acadado por un grupo de rapazas extraordinarias, dirixidas polas xogadoras do equipo senior Paula Fandiño, Sharay Caamaño e Adriana Castro. Un exemplo de canteira, traballo colectivo e paixón polo futsal.
Un club humilde, cun corazón enorme
O mérito do Fisober vai máis alá do deportivo. É un clube de aldea, con recursos limitados, pero con xente entregada, desde o seu presidente Fran “Pioto”, pasando polas adestradoras, xogadoras e unha afección incansable, en especial os pais e nais que fan posible cada adestramento e desprazamento sacándolle tempo a sua vida diaria.
Este título non é só un trofeo, é o recoñecemento ao esforzo de un club con base hoxe en día en Dumbría, que creceu primeiro desde o senior e despois desde a base, e que loita por manter viva a ilusión polo deporte nas vilas da Costa da Morte, e que demostra que os soños tamén se cumpren lonxe das grandes cidades.
Parabéns, Fisober FSF!!!…Orgullo dunha terra, espello para o deporte base.
FICHA TÉCNICA
Fisober FSF : Jimena, Marina, María Balayo, Alejandra, Martina Lago, Xenia, Zoe, Noa, Claudia, Martina Fernández, Carmen, Paula, Icia e Lola.
Paulo Roberto Futsal : Carmen Luján, Carmen Farnos, Marta, Luna, Lara, Egea, Carlota, Emma, Maribel, e Teresa.
TRÍO ARBITRAL
Árbitros : Jesús Otero e Marcos Vázquez, (C. Galego)
Árbitra na mesa : Vanesa Covelo
Unha orgañización de “10”
Agradecer o trato exquisito por parte da orgañización do Concello de Dumbría, CF Dumbría e Fisober FSF, así como do alcalde dumbries Raúl González e a Delegada da Costa da RFGF, Silvia Cancela.
Parabens al Futsal Paulo Roberto a todas/os las/os que lo forman. Les toco vivir la parte dura de una final pero las finales solo se juegan si se llega a ellas y solo se gana o se pierden si fuiste quien de llegar a disputarla. Esperamos y deseamos que estuvieran a gusto en nuetra tierra.
VÍDEOS XOGADAS A MADEIRA
CELEBRACIÓN CA COPA
-As nosas campionas-
O Fisober FSF que preside Fran “Pioto”, ten como as adestradoras a Paula Fandiño, (Dumbría), Sharay Caamaño e Adriana Castro, (Cee), e forman o plantel do equipo alevín, (Sub12) : Marina Andrade, (Cee), Claudia Ares, (Cee), María Balayo, (Muros) Martina Fernández, (Muros), Alejandra García, (Muxía), Jimena Gordillo, (Carnota), Martina Lago, (Muros), Xenia March, (Camelle), Paula Miñones, (Camariñas), Zoe Montero, (Cee), Icia Romero, (Vimianzo), Noa Sambad, (Muxía), Lola Soneira, (Muxía) e Alba Taboada, (Cee).
-Fotos vídeos e texto : Xosé Búa “Pirata”