CRÓNICA E MOITO MÁIS DA DERRADEIRA XORNADA DA LIGA DA COSTA

LIGA DA COSTA
-Derradeira xornada-

O Volantes de Baño CF, festexou a segunda praza.
 
-O Volantes de Baño CF xogará a promoción de ascenso
-Rematou a Liga da Costa 2018/19-
 
Derradeira xornada da Liga da Costa na que na derradeira xornada non había máis en xogo ca loita pola segunda praza, a que se encaramou o Volantes de Baño CF fai unha semana e na que tiña que derrotar ao Muxía CF para asegurar a mesma. Non houbo nen emoción nen nervos. O Corme CF facía o seu traballo e derrotaba ao SD San Lorenzo con goleada incluida, (2-6), a espera de que os muxiáns lle puxesen unha man, pero non foi así e “Rachón” e Berto deixaban o encontro encarrilado nun cuarto de hora. Manu Nogueira acurtaba distanzas a media hora de xogo, pero de novo Berto tralo gol muxián, e na volta de vestiarios, que completaba un “Hat-trick”, deixaba o encontro resolto, un choque que finalizaba cun tanto de penalti de Víctor Alcaina, posiblemente o mellor xogador da costa a balón parado. Fixeron efecto as fichaxes de inverno do equipo muradán que pecha así unha extraordinaria campaña, a mellor da sua historia que pode completar co ascenso a 1ª Galicia G2 na promoción. No resto de encontros nada en xogo, tan só foron meros adestramentos de cara a Copa. No que se refire ao “Pichichi”, Alejo Cambón é un ano máis o máximo realizador da liga, desta volta con 39 goles en 28 encontros que xogou…Abre a nova o completo para os resultados, clasificacións e outras cousas da liga.
 
A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Volantes de Baño CF e o noso desexo de velos a vindeira tempada na 1ª Galicia G2.

 

30ª XORNADA
(Derradeira xornada de liga)
05/05/2019

 

SD Ameixenda 0-1 CF Lira
Sporting Zas 3-2 UD Cerqueda 
CF Mazaricos 6-0 CD Muros
SCD Malpica 1-0 SD Ponteceso
SD San Lorenzo 2-6 Corme CF 
Volantes de Baño CF 4-2 Muxía CF  
SCD Buño  4-3 CD Baiñas   

UD Monte Louro 1-2 UC Cee 

 
 
 
LIGA DA COSTA 2018/19
 
Campión : CF Mazaricos con 70 puntos
Subcampión : Volantes de Baño CF con 64 puntos
Goles marcados : 809
Equipo máis goleador : CF Mazaricos con 91
Equipo menos batido : CF Mazaricos con 22
Equipo máis goleado : SD Ameixenda con 104
 
 
CLASIFICACIÓN

-TÁBOA DE PICHICHIS-

 
-Alejo Cambón, (Corme CF) : 39, (7 de penalti)
-Ángel “Pesco”, (Volantes de Baño CF) : 28, (4 de penalti)

-Pablo Muiño, (CD Baiñas) : 22

-Isma Pedrosa, (CF Mazaricos) : 21, (1 de penalti)
-Brais Cancela, (CD Baiñas) : 21, (3 de penalti)
-Berto, (Volantes de Baño CF) : 20, (2 de penalti)
-Crístian Caamaño, (CF Lira) : 18
-Manu Nogueira, (Muxía CF) : 16.
-Estéfano, (CF Mazaricos) : 16, (2 de penalti)

-Os goles son os recollidos nos actas arbitrais-

++++++++++++++++++++++
 
 

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies