CRÓNICA E MOITO MÁIS DA 6ª XDA DA 3º GALEGA FEMININA G4 : “A ESTEIRANA LÉVASE O DERBI ANTE AS MIÚDAS E SIGUE NO MÁIS ALTO, MENTRES QUE O OUTES SUMA A SUA SEGUNDA VITORIA CONSECUTIVA”.

A Esteirana feliz tralo trunfo no derbi.

 

Levouse o derboi costeiro e derbi veciñal a Esteirana na sua visita ao ED As Miúdas no “Eleuterio Balayo”. Visitaba a sua casa Fran Figueroa, un dos artífices do clube da capital muradana e con él as suas “Salinas” que sumaban a sua sexta vitoria en 6 encontros disputados, para seguir na cabeza da táboa empatadas co Céltiga ocupa o primeiro chanzo por unha diferenza nos goles de +5. Pola sua banda o Outes sigue en doce e sumaba a sua segunda vitoria do campionato e ademáis segunda consecutiva e repetindo resultado, se a semana pasada derrotaban por 1-6 ao Milladorio desta volta era un 6-1 o que lle endosaban o Bastavales.

 Rut, xogadora da Esteirana tralos 2 goles materializados ante o Miúdas sigue como máxima realizadora do campionato con 16 en 6 choques. Segunda trala xogadora costeira situase Laura Gómez, do Taragoña con 13 en 6 encontros e pasa a terceira posición do podio de goleadoras sigue Aldara, do Juventud Cambados, con 12 nos mesmos 6 encontros disputados.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047

 

3ª GALEGA FEMININA G4

-6ª Xornada-

-17/11/2024-

Céltiga FCF 2-0 SD Chispa

EFF Sonnoia Portus Apóstoli 11-0 Catoira SD

Juventud Cambados 5-0 CD Mosteiro

Outes FC 6-1 Bastavales UD

EFMC Boiro B 4-1 Milladoiro SD

CD Rois 2-7 CCD Taragoña

ED As Miúdas 0-3 SCDR Esteirana

 

-CRÓNICAS-

 

ED As Miúdas 3-3 SCDR Esteirana

Fran Figueroa, (Adestrador do SCDR Esteirana) :Antes de nada, desexamos que os sustos de Laura e Clara durante o partido, quedasen so en eso, e poidan seguir pelexando esta semana cas suas compañeiras.

Derbi típico de nervios, e cunha calor inusual para estas fechas, que xunto co nervio e o campo seco, fixo que as protagonistas non brilaran o que pedía un partido así.

Pronto se puxeron as visitantes a meter ás Miúdas en campo propio con presión alta e xa no minuto 12, Rut volveu a mostrar o porqué é a máxima realizadora da categoría con 2 goles. Pese a renta, as locales non deixaron de loitar, pero sin crear perigo na area rival, e o dominio era do bando roxazul, sobre todo cando baixaban o balón e combinaban Lara, Leti e Sandra.

Puideron ser máis goles, pero a figura de Siaba e a falta de puntería evitárono.
Na segunda parte o cansancio pola calor era máis evidente en ambos bandos, pero o peso do partido seguía sendo das visitantes. Sandra, que foi das máis destacadas, pideu a responsabilidade nun libre directo na frontal, poñendo o definitivo 0-3 no que Siaba non pudo facer nada.

As locais estiráronse máis con varias internadas de María, pero sin atopar porta.
A ocasión máis clara das Miúdas foi un penalti por mans na area, no que Maruxa, que xogou mancada pola baixa de Naira, demostrou tamén que a porta da Salina está nas mellores máns detendo o disparo de Pati.

Outros 3 puntos que viaxan a Esteiro para seguir sin coñecer a derrota e afrontar con confianza a visita a terras arousanas para medirse ó Chispa que caía esta semana ante as líderes do Céltiga, pero que viñan tamén sin conocer a derrota”.

Xogamos no 11 inicial con : Maruxa, Terre, Martina, Sara, Marta, Leti, Lara, Sandra, Alba, Bárbara e Rut. Tamén xogaron : Lidia, Nerea, Inés, Gina e Dara.

Goles : 0-1, Rut, (8´); 0-2, Rut, (12´); 0-3, Sandra, (62´).

 

Outes FC 6-1 Bastavales UD

Dani Salgueiros, (Adestrador do Outes FC) : “Daba comezo o partido no Conchido con moita pelea polo balón no medio campo, donde non era fácil ter o control do mismo pero un balón en longo que Carla consigue controlar moi ben para encarar a porteira, termina sendo o primeiro que nos reforzaba a idea de planteamiento que tiñamos. Foi aí cando recuperamos o xogo combinado arriba e noutra combinación entre Carla e Laura logramos o segundo.

Así e todo o Bastavales estaba a apretar ben coa sua dianteira, e nun despiste acercaronse un pouco no marcador. Pero estas semanas o gol está a recompensarnos o traballo e non tardamos en contestarlles e sentenciar o partido.

A segunda metade foi mais de controlar o xogo e repartir minutos entre todas, traballando ben para intentar continuar en este bo momento.

Quería aproveitar este espacio para mandarlle forzas de parte de todo o equipo a nosa xogadora Natalia Lago que está convaleciente e querémola ter de volta con nós canto antes“.

Goles : 1-0, Carla, (4´); 2-0, Laura, (7´); 3-0, Gema, (10´de penalti); 3-1, Ana Xin, (22´); 4-1, Laura, (26´); 5-1, Carla, (36´); 6-1, Laura, (45´).

 

-CLASIFICACIÓN-

 Céltiga FC : 18 puntos

 SCDR Esteirana : 18 puntos

 Juventud Cambados : 13 puntos 

 CCD Taragoña : 13 puntos

 SD Chispa : 13 puntos

 EFF Sonnola Portus Apóstoli : 9 puntos

 ED As Miúdas : 7 puntos

 CD Mosteiro : 6 puntos

 CD Rois : 6 puntos

10º Outes FC : 6 puntos

11º EFMC Boiro B : 6 puntos

12º Bastavales UD : 6 puntos

13º Milladorio SD : 3 puntos

14º Catoria SD : -3 puntos

 

-PREVIA-

-6ª Xornada-

-17/11/2024-

Céltiga FCF-EFF Sonnoia Portus Apóstoli, ás 16:15 horas

Catoira SD-Juventud Cambados, ás 12:00 horas

CD Mosteiro-Outes FC, ás 18:45 horas

Bastavales UD-EFMC Boiro B, ás 18:45 horas

Milladoiro SD-CD Rois, ás 19:00 horas

CCD Taragoña-ED As Miúdas, ás 12:00 horas

SD Chispa-SCDR Esteirana, ás 12:00 horas

 

AVISO : Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais porémolos na AXENDA PIRATA dos venres.

Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, 3ª da Costa, División de Honra e 1ª Galicia de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina, así coma do Depor e de todo o deporte da costa que nos chega.

 

-Foto Esteirana : Fran Figueroa

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies