CRÓNICA E MOITO MÁIS DA 3º XDA DA DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS : “ZAS E SAN RAMÓN ÚNICOS QUE SUMAN 3 DE 3”.

DIVISIÓN DE HONRA VETERANOS

3ª Xornada

05/10/2025

CF Dumbría – SCD Buño, (Aprazado)
ACD San Ramón 6-2 SD Oza
Sporting Zas 5-2 ADC Vet. Ponteceso
SD Coristanco 0-1 At. Carballo SD 
SD Castriz 1-1 Soneira SD
CF Cances 2-6 ACD San Román
CD Razo 1-2 SD San Lorenzo

CRÓNICA DA XORNADA

A terceira xornada da División de Honra de Veteranos da Costa deixou claro que o Sporting Zas e o San Ramón seguen un chan por riba do resto. Ambos equipos manteñen o pleno de vitorias e o liderado compartido con nove puntos, logo de asinar dúas goleadas contundentes: o Zas superou ao Ponteceso (5-2) e o San Ramón fixo o propio ante o Oza (6-2).

O San Román, pola súa banda, mantense á estela dos dous primeiros tras dar un golpe de autoridade no campo do Cances (2-6), confirmando o seu bo momento e completando o podio provisional.

No resto da xornada, o Castriz e o Soneira repartíronse os puntos nun duelo moi igualado (1-1), mentres que o San Lorenzo sumou a súa primeira vitoria do curso superando o Razo (1-2). e o Atlético Carballo dobregaba ao SD Coristanco pola mínima, (0-1), cun tanto de José Luis no 44.

O encontro entre o Dumbría e o Buño foi aprazado por petición dos oleiros que o parecer non tiñan efectivos dabondo para poder xogar polo quee quedará pendente de nova data.

PREVIA

4ª Xornada

12/10/2025

SCD Buño – CD Razo, (10:00)
ADC Vet. Ponteceso – SD Castriz, (10:00)
ACD San Román – SD Coristanco, (10:00)
Sp. Zas – At. Carballo SD, (10:30)
SD San Lorenzo – CF Cances, (10:30)
SD Oza – Vet. Dumbría CF, (12:00)
ACD San Ramón – Soneira SD, (12:00).

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”