CRÓNICA E MOITO MÁIS DA 32ª XDA DA PRIMEIRA FUTGAL G2 : “O DUMBRÍA ENCARRILA O CAMIÑO AO TÍTULO E OS COSTEIROS A PERMANENZA AGÁS O SAN LORENZO”.

O Dumbría preto de facerse co título.

Tralo empate do Club do mar, (1-1 ante o Praiña), que cae a terceira praza cos mesmos 73 puntos co Carral, que goleaba o San Lorenzo, (6-1), o Dumbría que goleaba a Esteirana, (4-0), no derbi da costa, ponse a tiro de dous encontros para acadar o que sería un histórico título da Primeira Futgal, e do ascenso direto a Preferente Norte. Por diante ten para a vindeira semana ao Calo, a domicilio, e remata a liga ante o colista Vista Alegre, (que igual nin se presenta), para rematar a liga no Conco. Ademáis para semana hai un Carral-Club do mar que podería poñerlle máis as cousas de cara dependendo do resultado que se de.

No que se refire ao resto de equipos costeiros, o Fisterra acadaba unha gran vitoria ante o Vizoño, (2-4), e o Castriz goleaba ao Vista Alegre, (3-0), que desta volta presentábase a xogar e con 11 xogadores. Os xalleiros e o Fisterra teñen asegurada a permanenza sen problemas a falla de 2 xornadas cos fisterráns quintos, o máximo que poden aspirar pero non deixa de ser xenial, e os xalleiros novenos con opcións a quedar máis arriba.

O Muxía ten virtualmente asegurada a continuidade na categoría e teríaa asegurada con un punto máis nos dous encontros que quedan. Desta volta perdeu na sua visita ao Agolada, (2-0), un choque que se decideu por un par de fallos pero que ben podería ter sido unha igualada. A Esteirana que caía no derbi ante o Dumbría precisa facer nos dous encontros que restan o mesmo que faga o Vea, equipo que marca o primeiro posto de ascenso e o que ten a 4 puntos con 6 por xogar, e que ademáis para a semana visita o Fisterra no Arasolis.

 

PRIMEIRA FUTGAL G2 

-32ª Xornada-

-27/04/2025-

SD Castriz 3-0 Vista Alegre SD

Bertamiráns FC 4-2 SR Calo

CF Dumbría 4-0 SCDR Esteirana

Praiña Sporting Club 1-1 Club do Mar

UD Carral 6-1 SD San Lorenzo

SD Agolada 2-0 CF Muxía

SD Tordoia 1-2 Bastavales UD

Vizoño SD 2-4 SD Fisterra

Vea CF 1-6 Boimorto FC

 

-CLASIFICACIÓN-

CF Dumbría : 76 puntos

2º UD Carral : 73 puntos

 Club do Mar : 73 puntos

 Boimorto CF : 68 puntos

 SD Fisterra : 50 puntos

SR Calo : 48 puntos

Praiña SPC : 46 puntos

SD Tordoia : 45 puntos

 SD Castriz : 45 puntos

10º CF Muxía : 38 puntos

11º  Bertamiráns FC : 36 puntos 

12º SCDR Esteirana : 36 puntos

13º Vizoño SD : 35 puntos

 14º  Bastavales UD : 35 puntos

15º SD Agolada : 33 puntos

16º Vea CF : 32 puntos

17º SD San Lorenzo : 22 puntos

18º Vista Alegre SD : 6 puntos, (6 sanción) 

 

PREVIA

-33ª Xornada-

-04/05/2025-

SD Castriz Boimorto CF, ás 17:00 horas

Vista Alegre SD – Bertamiráns FC, ás 16:30 horas

SR Calo – CF Dumbría, ás 17:00 horas

SCDR Esteirana – Praiña Sporting Club, ás 20:00 horas

Club do Mar – UD Carral, ás 18:00 horas

 SD San Lorenzo – SD Agolada, ás 16:30 horas

CF Muxía – SD Tordoia, ás 17:00 horas

Bastavales UD – Vizoño SD, ás 20:00 horas

SD Fisterra – Vea CF, ás 17:00 horas

 

AVISO

Os horarios son oficiosos non oficiais. Se hai cambios poñerémolos todos na “AXENDA PIRATA” o venres.

 

-Foto : CF Dumbría

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies