CRÓNICA E MOITO MÁIS DA 32ª Xda DA 1ª GALICIA G2

1ª GALICIA G2

-32ª Xornada-


Adrián “Makaay” celebrando o 3-2 no minuto 95´.

-A excepción do Fisterra que venceu no derbi ante a Esteirana o resto malos resultados con derrota de Baio e Dumbría e empate do Soneira-

 

32ª tirada da 1ª Galicia G2, na que o SD Fisterra deu un paso máis hacia a Preferente Norte. Os fisterráns tiñan un difícil rival no derbi costeiro, unha SCDR Esteirana que xoga moi por enriba da posición que ocupa na táboa e deulle moito que facer o lider da categoría, nun “Ara Solis” que amsou unha vez máis un ambente espectacular e facendo unha vez máis ver que unha 1ª Galicia da Costa sería extraordinaria para os clubes e para a economía dos pobos costeiros. A pesares de adiantarse o equipo fisterrán por medio de Adrián “Makaay”, aos 8 minutos de xogo, os esteiráns remontaban por medio de Tobio e Rober “Pladur”, ao cuarto de hora con dous goles seguidos. e nuns 3 minutos frenéticos, “Makaay” empataba inmediatamente despois cun tanto de penalti. Tras ese cuarto de hora de órdago as cousas calmáronse e a viroria fisterrá non chegaría ata o minuto 95 con outro gol de “Makaay” que completaba un “Hat-trick”. Mal resultado para os esteiráns que vían como os seus rivais pola permanenza sumaban, e ademáis contra rivais da costa, coma o SD Soneira que non pasaba do empate ante o Val do Ulla, (3-3), nun choque que tiñan gañado os vimianceses e no que se facía o “Harakiri” aos 86 minutos de xogo cun tanto en propia porta que supuña o empate. O CF Dumbría caía ante o Chaián CF, (3-2), outro rival dos esteirán, nun duelo no que os dumbrieses chegaron a ir gañando por 1-2 pero viron como lles remontaban na segunda metade. Pola sua banda o CD Baio tiña un encontro para esquecer ante o Cordeiro CF que os goleaba 4-0 e aseguraban a permanenza.

 

32ª XORNADA
05/05/2019

 CD Lalín 3-3 UD Bastavales

SD Fisterra 3-2 SCDR Esteirana
Flavia SD 4-1 Bertamiráns CF 
SD Soneira 3-3 Val do Ulla UD 
Tordoia CF 1-3 Sigüeiro CF 
Cordeiro CF 4-0 CD Baio
CD Unión 2-0 Esclavitude SD 
Chaián CF 3-2 CF Dumbría

Praiña Sporting Club 3-2 SD Piloño

 

 

33ª XORNADA
12/05/2019

 CD Lalín SD Piloño

UD Bastavales – SD Fisterra

   SCDR Esteirana – Flavia SD
 Bertamiráns CF  – SD Soneira
Val do Ulla UD  – Tordoia CF
Sigüeiro CF  – Cordeiro CF
CD Baio  – CD Unión
Esclavitude SD – Chaián CF
CF Dumbría – Praiña Sporting Club
 
 
 
CLASIFICACIÓN

 

-TÁBOA DE PICHICHIS-

-Martín MC, (CD Baio) : 29 (6 de penalti)
-Adrián “Makaay”, (SD Fisterra) : 26, (5 de penalti)

-Astray, (Sigüeiro CF), 21, (2 de penalti)

-Jesús López, “Yuyo”, (CF Dumbría) : 20, (3 de penalti)
-Uxío, (Flavia SD) : 18, (3 de penalti)
-David Pérez, (Flavia SD) : 16, (2 de penalti).
 

 

(Os goles e goleadores son os recollidos nos actas arbitrais).

 

++++++++++++++++++++++
 
 

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-