CRÓNICA E MOITO MÁIS DA 28ª XDA DA 3ª DA COSTA : “O SPORTING ZAS XA É EQUIPO DA LIGA DA COSTA”.

O Zas volve a Liga da Costa.

Esta semana as crónicas do noso fútbol van a ser dunha maneira diferente e reducida. A volta accidentada desde Santander, onde estivemos para animar o Depor, e o apagón nacional todo se nos acumula xa que hai que sumarlle a esto os quefaceres persoais.

 

Nesta 28ª xornada da 3ª da Costa o Sporting Zas ca sua vitoria sobre o Volantes de Baño, (0-6), xa é equipo da Liga da Costa, e agora toca loitar polo título de liga.

Os zacenses descansan na vindeira xornada e visitan na derradeira ao Inter de Brens o 11 de Maio. O seu rival polo título é o Sofán a 3 puntos, que na vindeira xornada poderán igualar a puntos os zacenses, pero teñen o golaveraxe en contra, polo que todo pasa o que fagan ambois equipos na derradeira xornada, se os sofanistas derrotan primeiro a vindeira semana ao Cerqueda no “Xabiña”. O Sofán acaba a liga recibindo no “Carral” o Baiñas. Os da parroquia carballesa poderán asegurar o ascenso direto ante o Cerqueda se acadan a vitoria ou fan o mesmo co Malpica, a 4 puntos deles. 

A promoción xa está pechada desde fai unha semana e xogarana, Sofán ou Malpica, (que loitan polo segundo posto polo que un ascenderá direto), Volantes, Cerqueda e Oza, os que loitarán pola terceira praza de ascenso a Liga da Costa.

“A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Sporting Zas en especial ao seu adestrador e gran colaborador noso, Rubén Forján”.

 

GOLEADORES

 Ismael Ramos, (Sofán B),  fíxolle 3 o Volantes e lidera a táboa con 37, en 25, (2 pen), con visos de ser o “Pichichi da liga”. O seu compañeiro de equipo Adrián Vázquez, (Sofán B), pasa o segundo chanzo do podio con 31 tantos, (1 pen), en 23 encontros. Cae a terceira praza Raúl Corzón, (Sporting Zas), con 29 tantos, (5 pen), en 22 choques.

 

3ª DA COSTA

-28ª Xornada-

-27/04/2025-

CD Nantón 2-4 SD Oza

SCD Buño 2-3 Sporting Seaia CF

SD Laxe 2-2 Atlético Pereiriña FC

Volantes de Baño FC 0-6 Sporting Zas

Inter de Brens 0-2 CD Baiñas

SCD Malpica 2-0 UD Cerqueda

SD Sofán B 8-1 CF Muxía B

Descansa : SD Camelle

 

 

-CLASIFICACIÓN-

 Sporting Zas : 68 puntos

 SD Sofán B : 65 puntos

3º SCD Malpica : 61 puntos

4º Volantes de Buño FC : 53 puntos

 UD Cerqueda : 52 puntos

  SD Oza : 47 puntos

 Atlético Pereiriña FC : 36 puntos

 CD Baiñas : 34 puntos

 Sporting Seaia CF : 30 puntos

10º CD Nantón : 29 puntos

11º SD Camelle : 23 puntos

12º SCD Buño : 19 puntos

13º CF Muxía B : 14 puntos

14º Inter de Brens : 14 puntos

15º SD Laxe : 9 puntos

 

PREVIA

-29ª Xornada-

-04/05/2025-

CD Nantón – CF Muxía B, ás — horas

SD Oza – SCD Buño, ás — horas

Sporting Seaia CF – SD Laxe, ás — horas

 Atlético Pereiriña FC – Volantes de Baño FC, ás — horas

SD Camelle – Inter de Brens, ás — horas

CD Baiñas – SCD Malpica, ás — horas

UD Cerqueda – SD Sofán B, ás — horas

Descansa : Sporting Zas

 

Celebracións do Sporting Zas coa sua afección no “Eleuterio Balayo” de Muros.

 

 

 

 

 

 

 

 

-Fotos : Sporting Zas

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies