Depor 0-1 Real Oviedo
Os encontros iniciais das ligas son sempre raros, expectantes a hora de ver a posta en escea dos equipos. No caso do Depor presentou a un equipo coma o do ano pasado a excepción das incursións no once de Petxarroman e Mario Soriano, polo resto os de acotiío . Parreño baixo paus, os dous Pablos na defensa e xcon Ximo Navarro de lateral esquerdo. A dereita foi para Petxa, 8que deu boas impresións), no medio do campo José Ángel e Villares e por diante delesSoriano, que alternaba con Lucas cando o equipo se volcaba. No extremo dereito Mella, (o mellor do encontro), e no esquerdo Yeremay. A punta non foi fixa, pois aparecía tanto Lucas coma Soriano, esto ata o 70 no que apareceu Barbero por Yeremay e Sosiano colleu o interior esquerdo. Tan só fixo outro troco Imanol Idiakez, o de Hugo Rama.
Nada máis comezar Lucas tivo unha boa ocasión pero o seu remate pegou na cruceta pola parte lateral, e un par de minutos, tras unha falta lateral en contra, chegaba o gol ovetense. Un gol que tivo que ir o VAR, xa que o liña sinalara fora de xogo, (que non existía).
Dominou o Depor toda a primeira metade e fixo méritos para irse o descanso co empate, pero por falla de definición no final das xogadas, este non chegou. Na segunda máis do mesmo, dominio, ocasións e ritmo alto de xogo, pero o gol non chegou ante un Real Oviedo que achicaba baláns e trataba de roubar para sair a contra, cousa que non consigueu ata os intres finais do choque, cando perdonou o segundo, e nun intre no que o encontros xa estaba descontrolado. O depor acumulou ata 7 ocasións de gol, por parte de Lucas, Villares, Soriano, Yeremay, Mella, Ximo, pero o final os puntos foron para un equipo, o ovetense, que amosou oficio a hora de defender, axudado de un mal árbitro que na primeira metade puxo o listón moi alto a hora de amosar cartóns e no segundo perdonou máis de unha deixando facer entradas duras que sairon impunes, antre elas un manotazo na cara a Mella.
Idiakez pola sua banda tardou en facer os trocos e non fixo máis ca dous o considerar que os que estaban, estaban a facelo ben.
O Detalle : Non gustou a parte do público que non fixese algún cambio mías, e primeiro. O Depor cae por primeira vez en encontro oficial despois de máis de 7 meses, cando caera derrotado por 1-0 no Reino de León ante a Cultural Leonesa.
Depor: Germán, Petxarromán, Pablo Vázquez, Pablo Martínez, Ximo Navarro, Villares, Jose Ángel (Hugo Rama, min. 85), Mella, Soriano, Yeremay (Barbero, min. 70) e Lucas
Real Oviedo: Aarón, Lemos (Lucas, min. 46), Rahim Alhassane, David Costas, A. del Moral, Sibo, Sebas Moyano (Cardero, min. 70), Alemao (Paraschiv, min. 81), Dani Calvo, Paulino (Santi Cazorla, min. 60) e Dotor (Hassan, min. 60)
Goles: 0-1 A. del Moral (min. 6)
Árbitro: Salvador Lax Franco, do comité murciano. Amoestou a Pablo Martínez (min. 22), Dotor (min. 24), Sebas Moyano (min. 27) Sibo (min. 29), Mario Soriano (min. 30) e Lucas Pérez (min. 50)
Incidencias: Partido da 1ª xornada de LaLiga Hypermotion disputado no Estadio de Riazor ante 25.824 espectadores, con máis de un milleiro de oviedistas no estadio. O medallista olímpico Enmanuel Reyes Pla fixo o saque de honra e gardouse un minuto de silencio polos deportivistas falecidos no último ano.
-PRÓXIMO ENCONTRO-
Huesca-Depor, venres 23 de Agosto a parties das 21:30 horas, (19:30 GMT). Partido da 2ª Xda da 2ª División que se disputará no “El Alcoraz” de Huesca.
-MANIFESTACIÓNS-
.
.
.
-Foto e vídeos : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”