CRÓNICA E CLASIFICACIÓNS DA 9ª XORNADA DAS LIGAS DE FÚTBOL BASE “COSTA DA MORTE”, QUE LIDERAN MANUELA RIAL E EDC RAPACOLLÓNS.

O Manuela Rial de benxamíns vai lider na sua liga.

 

Aquí tes como van as coudas nas 25ª Ligas Comarcais de Fútbol Sala de Base “Costa da Morte”, trala disputa da 9ª xornada. 

En alevíns, Rapacollóns non xogaba o seu encontro pero sí un aprazado contra o Ponteceso, e ambos van da man con 21 puntos, pero cos fisterráns primeiros por golaveraxe, e cun encontro menos cos da Vila de Pondal, queda por detrás a 4 puntos o Concello de Carnota, cos mesmos 8 encontros disputados cos pontecesáns, e un máis ca os fisterráns.

Nos benxamíns, o Manuela Rial segue liderando cun punto máis co segundo, EMF Camariñas, e o terceiro EDM Cabana, que era o único dos 3 que gañaba nesta xornada, pois os ceenses e os camariñáns, non xogaban nesta xornada, os da Vila da Xunqyeira tocáballes descanso e os camariñáns non xogaban o encontro ante o Concello de Carnota, que era adiado.

 

 

 

 

-Calsificacións : Fran Pioto/piratasdemuxia

-Foto : Ismael Español

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies